InicioCULTURAEste titular está reservado ao alumnado do CEIP Ramón de la Sagra...

Este titular está reservado ao alumnado do CEIP Ramón de la Sagra…

Publicada o

Por Xurxo Salgado

Si. Nesta nova non hai titular porque o titular é o que queiran poñer as rapazas e rapaces de 5ª e 6º do CEIP Ramón de la Sagra. Era o gran segredo que lles tiña preparado este xornalista tras consultar con eles e elas cal crían que era o mellor titular para a charla de máis dunha hora que partillamos na mañá deste mércores.

“Os do Ramón son os máis molóns”, “Charla sobre os medios no Ramón de la Sagra”, “As xornalistas son unhas artistas” ou “Os futuros xornalistas do Ramón de la Sagra”… O certo é que a inventiva do alumnado deste CEIP é sorprendente porque moitos deles animáronse a dicir o seu propio titular. Pero como eran tantos e tan variados decidimos non escoller ningún á espera de que esta noticia estivera cociñada e publicada.

Charla de presentación do Xornal da Coruña e Galicia Confidencial no CEIP Ramón de la Sagra / Laura Rodríguez Calderón

“Pois agora quedades pendentes de ler a nova e ver que titular vai”, dixo este informador ao rematar. E unha vez que xa está publicada, o gran titular é, precisamente, que os protagonistas desta noticia son os nenos e nenas do Ramón de la Sagra para que se transformen en xornalistas por un día e poidan eles encabezar, moldear e darlle forma a esta información.

E que aproveiten estes días, que estamos na semana da Prensa. E ese foi o motivo, precisamente, para que as mestras da rapazada decidiran que Xurxo Salgado, director do xornal dixital Galicia Confidencial e coordinador de Xornal da Coruña, os visitara no centro para falar do que é a comunicación e, sobre todo, os medios que transmiten esa comunicación.

A rapazada do CEIP Ramón de la Sagra aprende a importancia dos medios de comunicación / Laura Rodríguez Calderón

DESDE ALTAMIRA ATA AS REDES SOCIAIS

Por iso, a conversa deu para moito, sobre todo, polo participativo que estaba o alumnado, a pesar da calor que facía na biblioteca. Falouse dos debuxos das covas de Altamira, dos petróglifos, dos xeroglíficos, das cortinas de fume dos indios nortearicanos e das fogueiras dos castelos medievais ou dos trabadores como elementos de transmisión de mensaxes e elementos centrais de sistemas de comunicación. Iso foi antes de poñerse a falar dos medios de comunicación de masas.

E a sorpresa foi comprobar que moitos deles coñecían xornais e os nomes de moitos deles, radios e televisións. E por suposto, sabían da importancia, hoxe en día, de Internet e da forza que teñen os xornais dixitais e, sobre todo, as redes sociais. Algúns e algunhas delas mesmo apuntaron que xa se atreveron a facer as súas cousiñas xornalísticas.

Os medios de comunicación son fundamentais na sociedade actual, sobre todo, se se entende a función que deben desempeñar / Laura Rodríguez Calderón

A súa inquietude tamén levou a falar de como se fan as noticias, de porque sempre hai moita información sobre mortos e accidentes, de como se financian os medios ou de porque os xornais teñen follas soltas e non grampadas. E, por suposto, do talento da escritura. Por iso, o gran consello que levaron foi que lean e escriban, que falen, que conten historias e que nunca deixen de imaxinar e describir o mundo que os rodea.

E como todo conto ten o seu fin este remata con moito cariño e agradecemento aos Roi, Sabela, Luisa, Noe, Manuela, Cristian e tanta rapazada (sinto non quedar co nome de todos e todas) que agora saben un pouco máis dos medios de comunicación (tamén os pequenos dixitais como o Xornal da Coruña) e, especialmente, as súas mestras Laura, Inés, Marta, Inés e Fran.

E, lembrade, o titular da noticia tedes que poñelo vós 😉

ÚLTIMAS

A Fundación Érguete, Agalure, AFACO e a Fundación Mulleres, os premios socias da Deputación

Noite de gala social no Palexco este pasado venres coa entrega dos premios anuais...

Grandes retencións nos accesos á Coruña por unha protesta dos mariscadores da ría do Burgo

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova mobilización e cortaron...

‘Os do Fondo da Barra’ pecharán o día 30 o ciclo ‘Folk no Colón’

'Os do Fondo da Barra' pecharán na Coruña o ciclo 'Folk no Colón', presentando...

Peche dos parques e xardíns polo vento

O Concello da Coruña ordenou o peche dos parques e xardíns da cidade durante a tarde deste...

2 COMENTARIOS

  1. Hola Xurxo foi un placer poderte conocer onte no nosotros centro creo ramon de la sagra moitisimas ganas porvir
    Alumno numero 15 de la lista de 6A ejemplares de la sagrada

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here