InicioCAMBREQue relevará a Óscar García Patiño na alcaldía de Cambre?

Que relevará a Óscar García Patiño na alcaldía de Cambre?

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Deixa varias incógnitas a dimisión do alcalde de Cambre, Óscar García Patiño. A máis importante saber se efectivamente a súa saída é solución para que as habilitadas liberen ao Concello do secuestro administrativo.

Pero tamén xa se lanzan as primeiras quinielas sobre quen vai ocupar o posto na alcaldía. Unión por Cambre, a forza máis votada nas pasadas Municipais de 2023, con 7 concelleiros, forma goberno co PSOE, que ten 4, polo que será algún dos altos membros do partido independente os que asuman o mando.

Semella que, malia xa ter mantido algún encontro coas devanditas habilitadas, todas as miradas ollan á nº2 e ao nº3 do partido:

  • María Dolores Pan Lesta, Tercera teniente de alcalde, Área de Economía, Facenda e Recursos Humanos.
  • Dani Mallo Castro: Quinto teniente de alcalde, Área de Seguridade Cidadá, Patrimonio, Turismo, Transformación Dixital e Innovación Tecnolóxica.

O procedemento aínda será relativamente longo. Segundo o Regulamento Orgánico Municipal, primeiro ten que celebrarse un pleno para facer efectiva a dimisión, tendo en conta que no mes de marzo xa se celebrou o pleno ordinario este pasado luns día 4. A partir dese pleno, en menos de 10 días convocarase outro para a elección do/a alcalde/sa. Polo medio, a chave estará na asemblea do partido Unión por Cambre, que será a que escolla o/a candidata/o postulable para a elección.
Para completar o procedemento, aínda quedaría pendente outro pleno para determinar as funcións de cada edil.

Máis novas

O alcalde de Cambre dimite polo “bloqueo administrativo” da Interventora e a Secretaria

ÚLTIMAS

A Xunta nega recortes en Educación e acusa a Inés Rey de desatender o mantemento dos colexios

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional negou categoricamente unha redución do...

Finaliza sen acordo a negociación do convenio de transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña

As negociacións polo convenio do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña...

Avanzan as obras dos Cantóns, con inicio da próxima fase a comezos de marzo

Visita institucional esta mañá ás obras dos Cantóns, no marco da humanización da zona....

Cinco taxis coruñeses poderán operar en Alvedro a partir do 16 de marzo

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado pola directora xeral de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here