InicioSOCIEDADEVarios voos foron desviados a Santiago pola néboa en Alvedro

Varios voos foron desviados a Santiago pola néboa en Alvedro

Publicada o

Por editor

Varios voos tiveron que ser desviados ao aeroporto de Santiago, Lavacolla, pola densa néboa presente no aeródromo coruñés de Alvedro.

Concretamente, dous voos procedentes de Barcelona, un operado por Vueling, que tiña a súa chegada prevista ás 8,30 horas, e outro por Qatar Airlines coa aterraxe estimada ás 9,55 horas. Tamén un voo de Iberia con orixe en Madrid e chegada estimada ás 8,40 horas.

Tras varias manobras de aproximación a Alvedro, foron desviados ao aeroporto da capital galega. Tamén algúns voos que despegaban desde Alvedro víronse afectados as condicións metereológicas adversas e tiveron que atrasar a súa saída, como foi o caso de tres avións con destino Barcelona, de Vueling, Iberia e Qatar Airlines.

ÚLTIMAS

Oleiros manda ao inferno a Trump e Netanyahu por San Xoá para purificar o mundo

Ademais do San Xoán de barrios da Coruña, pola comarca tamén tivo as súas...

200.000 persoas celebraron o San Xoán nas praias e nas rúas da cidade

Nova noite de San Xoán a vivida na Coruña. Unha das citas máis especiais...

Deteñen un home tras agredir á súa parella e precipitarse pola xanela

A Policía Nacional da Coruña detiveron a un home por presuntamente agredir á súa...

O Dépor xa é “da Coruña”: “Fixemos historia”

Tiña que ser. As persoas abonadas do Real Club Deportivo confirmaron na consulta vinculante...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here