InicioOLEIROSOleiros manda ao inferno a Trump e Netanyahu por San Xoá para...

Oleiros manda ao inferno a Trump e Netanyahu por San Xoá para purificar o mundo

Publicada o

Por Redacción

Ademais do San Xoán de barrios da Coruña, pola comarca tamén tivo as súas citas singulares. Unha das máis comprometidas, a de Oleiros, onde a falla municipal non deixou lugar ás dúbidas das ideas do goberno municipal: “Os dous criminais máis vergoñentos e indecentes do noso tempo arderon na noite de San Xoán no centro da praia de Bastiagueiro”.

Centos de persoas de todas as idades non quixeron perder a queima da falla de Trump e Netanyahu, e o acto converteuse nunha nova denuncia da masacre que os presidentes de Estados Unidos e Israel están a causar por todo o mundo, ignorando leis e dereitos internacionais e humanos.

Oleiros manda ao inferno a Trump e Netanyahu poe San Xoan 2

O acendido estivo precedido dunhas declaracións do presidente Donald Trump, que a través da megafonía da praia pronunciou un dos seus máis célebres discursos no que, entre a incredulidade e as risas dos asistentes, afirmou que o ruído dos aeroxeradores produce cancro. Posteriormente, o alcalde, Ángel García Seoane, fixo unha queimada e esconxurou a estes dous terroristas e asasinos internacionais. “Que a viaxe que vai levar a estas dúas bestas ao inferno sexa eterna e que os seus corpos ardan ata a útlima molécula para purificar o mundo e librarnos de tanto horror e tanta infamia”, concluíu o alcalde despois de lembrar as principais tropelías cometidas durante os últimos, coreadas polas persoas asistentes baixo intensos berros unísonos de “lume!”.

Un acto político e festivo nunha noite tranquila e sen incidencias nas praias de Oleiros, que se encheron de xente, de lume.

Máis novas

200.000 persoas celebraron o San Xoán nas praias e nas rúas da cidade

ÚLTIMAS

A cantautora coruñesa Silvia Penide, teloneira de Silvio Rodríguez en Sevilla

A cantautora galega Silvia Penide será a encargada de abrir o primeiro dos dous...

Da rolda peonil ao Día sen Coches. Así remata a Semana Europea da Mobilidade

Remata hoxe martes 22 a Semana Europea da Mobilidade. Faino estatarde coa celebración do...

Afectados estafados por un ex axente de banca de Laxe aceptan o pago de indemnización pola entidade bancaria

Afectados estafados por un exagente de banca de Laxe aceptaron o pago dunha indeminazación...

O Joker de ‘A Primitiva’ deixa un millón de euros en Cambre (A Coruña)

O dono dun boleto de 'A Primitiva' validado en Cambre, percibirá un millón de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here