InicioCULLEREDOA rexeración da ría do Burgo afronta a recta final coa plantación...

A rexeración da ría do Burgo afronta a recta final coa plantación de novas zonas verdes

Publicada o

Por editor

Esta mañá a Delegación do Goberno na Coruña celebraba un acto simbólico no Paseo Marítimo de O Burgo, en Culleredo. Aproveitando que mañá xoves, 21 de marzo, se celebran tanto o ‘Día Internacional dos Bosques’ como o ‘Día Mundial da Síndrome de Down’, as institucións contaron con nenos e nenas da Asociación Down Coruña para comezar a varios exemplares de árbores autóctonas que convertirán o espazo nunha zona verde. O proxecto contempla a plantación de 190 exemplares de piñeiro, bidueiro, sabugueiro, freixo, loureiro, espiño branco e maciñeira silvestre.

Plantacion arbores ria do Burgo-Culleredo 2

Durante o acto o Delegado do Goberno, Pedro Blanco, avancou que as obras de dragaxe e rexeneración da Ría do Burgo están a piques de rematar.
A actuación comezou a principios de 2022 e durante este tempo retiráronse do fondo da ría 583.000m3 de material contaminado nun procedemento cualificado como “cirúrxico” pola súa minuciosidade. Ao tempo, preserváronse 227.000m2 de hábitats e creáronse 70.000 m2 de zonas verdes que permiten dar continuidade ao paseo ao redor da ría.

Tamén se restituíron os canais da ría, os bancos marisqueiros e o fondo da lagoa de Culleredo e unha parte do material destinouse a recuperar a Praia de Santa Cristina. Así mesmo, o proxecto inclúe un minucioso control ambiental durante 10 anos que se estende antes, durante e despois das obras.

Lembrou que o goberno estatal investiu 37,5 millons de euros neste necesario proxecto, convertíndose na “actuación de rexeneración ambiental dun sistema costeiro máis ambiciosa da historia de España”.
Entre as partidas, destacan os 3,7 millóns destinados a compensar aos mariscadores da Ría que tiveron que paralizar a súa actividade neste tempo “a través dun novidoso procedemento”.

ÚLTIMAS

Aspanaes inaugura na Coruña un novo centro de atención temperá e psicoeducativo para menores con autismo

Representantes de Aspanaes -- entidade de apoio a persoas con autismo e as súas...

Un coche acaba no tellado dun alpendre tras saír da vía e atravesar varias fincas

Dúas persoas resultaron feridas este sábado tras saírse da vía o turismo no que...

A Coruña atribúe á zona tensionada a contención do alugueiro e reclama á Xunta todos os datos dos contratos

O Concello da Coruña sostén que a declaración da cidade como zona de mercado...

Dúas persoas resultan feridas ao caerlles unha árbore enriba na rúa Barcelona

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres na Coruña despois de que unha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here