InicioSOCIEDADEO delegado do Goberno en Galicia rexeita que haxa un problema co...

O delegado do Goberno en Galicia rexeita que haxa un problema co fentanilo tras unha incautación en Culleredo

Publicada o

Por europapress

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, trasladou unha mensaxe de “tranquilidade” en relación á presenza de fentanilo, tras a intervención desta sustancia, entre outras, a un veciño de Culleredo. A preguntas dos xornalistas, sinalou que “non é un tema xeneralizado” e rexeitou que sexa “un problema grande” en España a pesar de recoñecer que si existe en relación ao consumo doutras drogas.

“Deixemos traballar ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado que tratarán de desactivar calquera tema”, sentenciou Pedro Blanco, quen insistiu en que non se fala “de que sexa un problema grande”. “Temos problemas de drogadicción en relación con outras de maior mangitude”, reiterou para incidir en que o caso de Culleredo é “anecdótico, non é un problema demasiado relevante en España”.

ÚLTIMAS

Investigan a agresión ao director dun instituto de Oleiros por parte do familiar dun alumno

A Garda Civil investiga a suposta agresión ao director do IES Neira Vilas, situado...

The Rapants e a Fundación Paideia triufaron nos Premios PALCO da Industria Musical Galega

Celebrouse onte na Sala Capitol de Compostela a entrega da segunda edición dos Premios...

A UDC promove este sábado un espazo no Mercado de San Agustín con propostas de divulgación científica e gastronómica

A Universidade da Coruña (UDC) estrea 'Abastos de Ciencia', un espazo onde a divulgación...

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...