InicioSOCIEDADEPrograma piloto no centro de saúde do Ventorrillo para o cribado de...

Programa piloto no centro de saúde do Ventorrillo para o cribado de cancro de pulmón, segunda causa de morte en homes e terceira en mulleres

Publicada o

Por europapress

Xunta iniciou un programa piloto de cribado de cancro de pulmón a 1.200 pacientes “con alto risco”, fumadores ou exfumadores de entre 55 e 74 anos, no centro de saúde do Ventorrillo, na Coruña. “No caso da mortalidade é a segunda en homes e a terceira en mulleres”, indicou o conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, na presentación desta iniciativa, na que recalcou que “é moi importante detectar unha patoloxía en estadios máis precoces”.

Respecto deste programa piloto, realizado por un equipo multidisciplinar “cun cribado moi específico” baseado na historia clínica dos candidatos, avanzou que “en xuño” estarán os resultados desta primeira fase de realización de enquisas. Estes datos, segundo explicou, permitirán coñecer, entre outros aspectos, “a taxa de aceptación ou a taxa de falsos negativos e falsos positivos” para “axustar o sistema e poder consolidalo”. Este programa súmase, segundo lembrou, a outros cribados implantados pola Xunta como o de mama, colón ou cérvix.

En canto ao seu desenvolvemento noutros centros de saúde ou noutras áreas sanitarias, non concretou datas e recalcou en que “o importante é ter datos” así como “traballar na prevención do tabaquismo”. No acto, o conselleiro estivo acompañado, entre outros, pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán; o xerente da área sanitaria A Coruña-Cee, Luís Verde; e a médica de familia encargada da fase inicial do programa, Nieves Domínguez.

Na súa presentación, Domínguez explicou que “hai 1.200 pacientes diana” e xa se contactou “con 800” polo que esperan completar a primeira fase “esta semana”. Aos candidatos convídaselles a facer unha enquisa sobre “consumo de tabaco” e outros factores de risco como “actividade laboral”, antecedentes familiares ou se padecen unha enfermidade pulmonar obstructiva crónica. A continuación, detallou, realizarase unha análise e citarase ás persoas que presentan “máis riscos” para facerlles un “un TAC de baixas doses de radiación”.

ÚLTIMAS

Aspanaes inaugura na Coruña un novo centro de atención temperá e psicoeducativo para menores con autismo

Representantes de Aspanaes -- entidade de apoio a persoas con autismo e as súas...

Un coche acaba no tellado dun alpendre tras saír da vía e atravesar varias fincas

Dúas persoas resultaron feridas este sábado tras saírse da vía o turismo no que...

A Coruña atribúe á zona tensionada a contención do alugueiro e reclama á Xunta todos os datos dos contratos

O Concello da Coruña sostén que a declaración da cidade como zona de mercado...

Dúas persoas resultan feridas ao caerlles unha árbore enriba na rúa Barcelona

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres na Coruña despois de que unha...