InicioPOLÍTICADenuncian que o goberno agocha un informe clave sobre as obras ilegais...

Denuncian que o goberno agocha un informe clave sobre as obras ilegais de Lage Tuñas

Publicada o

Por editor

Ataca con forza estes días o PP ao grupo de goberno pola caso de trato de favor ao teniente de alcalde Lage Tuñas. “Consentirá Inés Rey que a súa xefa de Urbanismo, Lage Tuñas, realice obras sen licenza na súa propiedade?”, preguntábase onte Miguel Lorenzo. “A Alcaldesa dixo onte que nunca tolerará actitudes que non se axusten ao comportamento adecuado dun responsable político. Lage Tuñas realizou obras sen licenza, denunciadas polos veciños, verificadas polos responsables municipais que abriron un expediente onde piden que se restableza a legalidade e confirmadas pola Policía Local que acude ao inmoble e acredita que as obras se realizaron sen licenza”, criticaba onte.

Hoxe, o PP vai máis alá e denuncia que Inés Rey non lles permite acceso ao informe clave de Urbanismo que propón sancionar a Lage Tuñas por realizar obras sen permiso. Como xa acontecera co BNG, que tivo que denunciar publicamente a falta de transparencia do grupo socialista, desta volta o PP lamenta non poder acceder ao informe clave, asinado o 19 de xaneiro de 2024 por un técnico e un xefe do Departamento de Disciplina Urbanística.

O PP detectou que no expediente había dous informes que prooñen iniciar a restauración da legalidade contra Lage Tuñas por realizar obras sen licencia, ademais de ordenar a súa suspensión. “Solicitamos ver ese informe, asinado o 19 de xaneiro de 2024 por un técnico de Urbanismo e un Xefe de Departamento, e onte a Alcaldía comunicounos que non tiñamos dereito a velo porque ao non incoarse a reposición de legalidade por decisón da Directora da área, nomeada a dedo polo goberno municipal, ese informe xa non estaba incluído no expediente de disciplina urbanística”, denuncian.

Neste informe, ademais, aseguran dende o PP “os técnicos municipais cuestionan a cédula emitida por un arquitecto lucense no ano 2021 na que consta que este inmoble está destinado a uso residencial desde o ano 2014, xa que os funcionarios consideran que do estudo da documentación achegada nos expedientes de comunicacións as inspeccións e as solicitudes de licenza demostran que nunca tivo ese uso residencial”.

”Este exemplo de falta de transparencia únese á decisión de Inés Rey de non facilitarnos copias dos expedientes aos que temos dereito”, critica Lorenzo.

Máis novas

As supostas irregularidades de Lage Tuñas para converter un local de negocio nun piso acenden as alarmas no PP e en Sumar.

Inés Rey sae en defensa de Lage Tuñas e tacha de “acusacións falsas” as denuncias de PP e BNG sobre o trato de favor nunha licenza dunhas obras

O BNG denuncia trato de favor na tramitación da licenza dun piso de Lage Tuñas

Lage Tuñas é o concelleiro da Coruña con máis propiedades ao seu nome e cartos no banco, sabes cantos ten Inés Rey?

 

ÚLTIMAS

A fermosa colaboración entre CEEPR Lourdes e o CIPF Paseo das Pontes na formación profesional

O que fai o CEEPR Lourdes Aspronaga en materia de inclusión cos seus usuarios...

A Coruña á espera de informes sobre a posible declaración de mercado tensionado

Os concellos da Coruña e Santiago atópanse á espera de informes sobre a posible declaración das...

A Escola Municipal de Música xa cae a anacos

O persoal da Escola Municipal de Música da Coruña quere advertir que o pasado...

Un traballador perdeu a vida tras caer dunha altura de oito metros en Arteixo

Un traballador perdeu a vida tras caer dunha altura de oito metros no polígono...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here