InicioCULTURAGalician Beats, o catálogo da música electrónica galega da última década

Galician Beats, o catálogo da música electrónica galega da última década

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O estado de saúde da música galega contemporánea é o mellor é décadas. Diso non cabe dúbida, e a revolución do “tradi” galego así o ratifica. Pero para ordeala, para darlle un marco, un contexto, o xornalista Alejandro Gándara Porteiro está a realizar, co apoio da Bolsa de Investigación de Artes e Humanidades da Deputación Provincial da Coruña, un proxecto que se chama “Galician Beats.

Os resultados da investigación pretenden ser prácticos e teñen como obxectivo a creación de dúas obras que se difundirán en aberto: Un catálogo da música electrónica galega, atendendo a xéneros populares, experimentais e académicos, así coma selos discográficos, eventos, locais e escolas. E unha publicación en formato podcast que resuma a investigación e o catálogo.

”Na última década, Galicia viviu unha expansión sen precedentes na creación de música electrónica” explica o baiés. “Por primeira vez na historia da música galega, estas técnicas, sons, ritmos e texturas teñen unha presenza destacada en múltiples e hereroxéneos proxectos musicais que chegan a amplos públicos dentro e fóra do país. Desde propostas moi populares ata outras experimentais, pasando por todo un universo en expansión no ámbito do clubbing, a música electrónica parece estar acadando un papel central no discurso musical galego, como xa acontece en todo o mundo”.

Porén, Gándara entende que “malia todo, as investigacións neste eido son moi escasas. A única obra de referencia é selectronic.gal, unha guía publicada con motivo da celebración na Coruña do festival Sónar, hoxe moi desactualizada”. E aí aparece o proxecto Galician Beats, para corrixir esta eiva, realizando unha investigación da última década que axude a completar a historia da electrónica galega desde 2010, contextualizando o momento actual e facendo un repaso das súas propostas máis destacadas.

”O obxectivo do proxecto é dobre: por unha parte busca entender, en clave local e global, que pasou nestes anos para que a electrónica fose permeando unha gran parte do universo musical galego, desde proxectos moi populares ata un underground sempre fértil, pero tamén fráxil. A investigación tamén busca artellar unha imaxe do momento presente, abranguendo as diferentes escenas e propostas que se dan na actualidade dentro —e moitas veces fóra— de Galicia”.

Así, para ir avanzando, Gándara, que ten colaborado con medios como Luzes, Novas da
Galiza, ou o Diario Cultural Zeta da Radio Galega, ademais de realizar proxectos audiovisuais como a longametraxe documental Dorothé na Vila, e na actualidade estuda produción de música electrónica na escola Garaxeland de Santiago de Compostela, propón espallar formulario online para recadar información que axude á investigación.

Por agora de momento no catálogo de artistas leva rexistrados 60 proxectos musicais (grupos ou solistas) e 80 DJ e produtores, ademais de 40 colectivos e promotoras que se dedican a facer eventos de música electrónica; e de 15 selos discográficos que publican música electrónica (moitos deles exclusivamente) e outros tantos espazos de programación/difusión/ensino.

Máis novas musiqueiras

De Ninghures e Fillas de Cassandra trouxeron a festa dos medios en galego á Coruña

Conversa con RJ Junior, promotor do Go! Electronic Festival

Roi Grobas lanza “Tigre”, o seu novo vinilo

As Fillas de Cassandra ou o destape da música tradicional galega

 

 

ÚLTIMAS

Lanternas, contos, pantasmas e estrelas… Así gozaron das súas vacacións nenos e nenas do Ramón de la Sagra

Axetreo, nervios e moita ilusión. Así comezaban este domingo 27 de abril pola mañán...

A alcaldesa da Coruña pide diálogo para tratar os problemas do lecer nocturno

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, volveu a apelar á "vontade de diálogo" entre...

Susto en Oleiros e Cambre por un novo corte de electricidade

Uns 900 clientes de Naturgy víronse afectados por un corte na subministración eléctrica en Oleiros e Cambre, do...

Arde unha nave de Profand no porto de Sada

Unha nave de limpeza de caixas do grupo pesqueiro Profand ardeu na tarde deste...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here