InicioDEPORTESAs contas do Basquet Coruña para celebrar este domingo o ascenso á...

As contas do Basquet Coruña para celebrar este domingo o ascenso á ACB

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Pode ser o día de celebrar o ascenso a oda unha ACB este domingo ás 18:00h no Forno en Riazor, cun pavillón a rebentar (colgouse o cartel de “Non hai billetes”) ante o Castellón.

O equipo de Diego Epifanio sufriu, e moito, para sacar a vitoria o pasado venres de Oviedo, e tivo que ser na prórroga, cando os herculinos conquistaban o Pumarín. Pero todo se clarea pola banda de Riazor.

Quedan dúas xornadas, e o sábado xa saberemos se este domingo podería celebrar o ascenso en caso de gañar. Os laranxas teñen 1 partido de vantaxe sobre San Pablo Burgos e Lleida, e ten o basketaverage a favor en caso de triple empate, e co Lleida o particular (co San Pablo está perdido por 1 só punto). Deste xeito, se o sábado ás 20:00h perde o San Pablo Burgos ante Fuenlabrada, unha vitoria herculina o domingo daría o título e o ascenso.

Outras posibilidades

A cousa se poría complicada só nun caso: Se vence San Pablo e perde o Leyma e o Lleida. Deste xeio, os herculinos xa non dependerían de si mesmos de cara á última xornada, e poderían acabar tendo que disputar o temido playoff, no que xa ten caído nos últimos anos.

Se esta finde gañan os 3 favoritos os seus partidos, todo quedaría para a última xornada, na que o Basket Coruña quedaría campión se gaña, e tamén se perde e vencen tanto San Pablo e Lleida ou só Lleida.

Máis novas

O Basquet Coruña, a dous chanzos da ACB

O deporte feminino coruñés esperta do soño ante a falta de apoios

ÚLTIMAS

Aspanaes inaugura na Coruña un novo centro de atención temperá e psicoeducativo para menores con autismo

Representantes de Aspanaes -- entidade de apoio a persoas con autismo e as súas...

Un coche acaba no tellado dun alpendre tras saír da vía e atravesar varias fincas

Dúas persoas resultaron feridas este sábado tras saírse da vía o turismo no que...

A Coruña atribúe á zona tensionada a contención do alugueiro e reclama á Xunta todos os datos dos contratos

O Concello da Coruña sostén que a declaración da cidade como zona de mercado...

Dúas persoas resultan feridas ao caerlles unha árbore enriba na rúa Barcelona

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres na Coruña despois de que unha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here