InicioPOLÍTICAO BNG critica a mala xestión do goberno socialista coas facturas do...

O BNG critica a mala xestión do goberno socialista coas facturas do IMCE

Publicada o

Por editor

Quedaba fóra do pleno do pasado xoves a moción do grupo de goberno para aprobar un crédito extraordinario de 2 millóns de euros para o IMCE (Instituto Municipal Coruña Espectáculos), debido a que o BNG lle trasladaba ao goberno socialista que non ía votar a favor porque o crédito non incluía todas as facturas que se deben, e que boa parte das facturas contaban con reparos do interventor.

Quere afondar o BNG nesta cuestión para lembrarlle á alcaldesa que “non pode seguir actuando como se tivese maioría absoluta”, deixando claro que o grupo da oposición “non imos avalar a xestión irregular”.

Así, en rolda de prensa, esta mañá, as edís Avia Veira e Mercedes Queixas, pediron ao goberno que “elabore un expediente modificativo que contemple todas as facturas sen pagar e garanta recursos suficientes para atender os compromisos de gasto de 2024”, tendo en conta que o crédito que solicitaban era de 2 millóns a pesar de que o IMCE debe a día de hoxe 3,6 millóns de euros en facturas. “Queremos por riba de todo que as e os profesionais da cultura cobren, pero que o fagan todas e todos, que non haxa discriminacións e por iso o que lle transmitimos ao Goberno Local é que traia ao Pleno, o antes posíbel, unha modificación dos orzamentos que inclúan os 3,6 millóns de euros en facturas sen pagar”, afirmaron.

“Nin sequera sabemos se hai máis facturas que esas”, dixeron Veira e Queixas. “O que si sabemos é que o Goberno Local gasta por enriba do que hai orzado, até o punto de que descoñecemos as facturas que fican por pagar. E de feito solicitámolas por escrito o 21 de marzo e ímolas poder ver o 16 de maio”, remarca Queixas, criticando as “prácticas irregulares -recoñecidas na memoria do IMCE polo propio concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro-“.

”É imposíbel apoiar que, após un ano de espera, uns provedores cobren e outros non. “Por que uns si, e outros, non? Levamos agardando desde 21 de marzo para ver a relación completa de impagos”!, engadiu.

”MALA XESTIÓN”

Critican ademais que “a mala xestión do IMCE fai que o diñeiro para pagar as facturas correspondentes a 2023 se imputen ao orzamento de 2024, co cal fican comprometidas “a programación cultural e as festas deste ano”. “Sirva como exemplo que a partida de festas, inicialmente orzada en 2,8 millóns de euros, tería 928 mil se se aprobar a proposta de crédito que levou o Goberno Local ao Consello Reitor do IMCE”, argumentou Queixas, que lamenta o feito de que o Goberno Local ocultase as débedas do IMCE na negociación dos orzamentos do Concello para 2024 sostida co BNG representa “unha falta de respecto” á formación nacionalista.

ÚLTIMAS

O pleno de Cambre aproba o pago de 2,1 millóns de facturas pendentes a provedores de 2023

O pleno de Cambre  aprobou, nunha sesión extraordinaria e de urxencia, un recoñecemento extraxudicial...

Parque Ciudad “Monte Martelo”, un parque que cambia unha cidade

Hai proxectos que cambian a fisionomía dun barrio. E tamén hainos que cambian a...

Atopan con vida ao home de 81 anos desparecido dunha residencia de Cambre

A Garda Civil atopou na mañán deste luns a un ancián desaparecido de forma voluntaria...

Crúa derrota do CRAT na final da Liga Iberdrola de Rugby

Disputaba o CRAT toda unha final estatal. O equipo de rugby femininio da cidade...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here