InicioCAMBREAs familias do Graxal mobilízanse mentres o Concello adxudica o contrato de...

As familias do Graxal mobilízanse mentres o Concello adxudica o contrato de emerxencia sanitaria

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Dende comezos de curso, pero sobre todo dende xaneiro, a problemática coa limpeza no Colexio O Graxal, de Cambre. Os problemas coa concesión da empresa Jardincelas, as folgas no seo a empresa, e o bloqueo administrativo que mesmo levou á dimisión do alcalde, levan provocando que apenas haia uha limpadora dispoñible durante 2 horas ao día (“apenas ten tempo para baleirar papeleiras e limpar os baños por riba”) para un cole con 400 alumn@s, con nen@s de 3-4 anos xogando polo chan.

A ANPA leva meses protestando e mobilizándose, con concentracións como a que farán esta tarde de venres ás 18:00h no edicifio do Temple das Palmeiras. Alí van ler un comunicado no que explicarán as súas demandas e poderán comentar as conclusións sacadas da reunión que terán pola mañá no Concello.

Se ben o Concello, que declaraba o estado de emerxencia a semana pasada, vén de anunciar este mesmo xoves que acaba de adxudicar un contrato de urxencia para garantir a limpeza en colexios, centros de saúde e instalacións municipais, dende a ANPA Mencer afirman que “ata que non o vexamos, non o cremos”. Entenden, ademais que “non tiñan que esperar tanto”, e que ademais agora, a loita xa trascende á ANPA e son todas as familias as que o están liderando.

A conclusión máis importante que sinalan é clara: “Non queremos que sexa algo temporal, queremos que sexa xa, pero tamén que sexa permanente”, sinalan dende a ANPA.

O Concello de Cambre adxudica un contrato de emerxencia

A empresa Tragsa encargarase, temporalmente mediante contrato de urxencia, da limpeza das instalacións municipais. Así o confirmou esta mañá a alcaldesa de Cambre, María Pan, tras proceder á adxudicación do contrato. A adxudicación prodúcese sete días despois de que a rexedora decretase a emerxencia sanitaria pola falta de limpeza en colexios, centros de saúde e o resto das instalacións municipais. Ante as dúbidas suscitadas polos veciños, o primeiro edil aclara que esta empresa “levará a cabo as tarefas de limpeza ata que se regularice con éxito definitivo o servizo, é dicir, ata que se licite e adxudique o servizo” estimando un tempo de duración deste. contrato de emerxencia nuns seis meses.

Afirman que se tratará dunha medida temporal e irá paralelamente a dúas tarefas: a regularización do servizo cos novos pregos e o pagamento das facturas pendentes á empresa que, ata agora, realizaba estas tarefas.

Culleredo saca á licitación o servizo

Curiosamente, o Concello de Culleredo, que tamén tivo moitos problemas coa empresa Jardincelas, anunciaba hoxe tamén que saca a licitación o servizo de limpeza de edificios, dependencias municipais e colexios públicos por 1,04 millóns anuais. O prazo de presentación de ofertas remata o 6 de xuño nunha adxudicación de 2 anos que inclúe ata tres prórrogas, tamén anuais. A nova prestación suporá un notable incremento do persoal e do tipo de frecuencia de traballo, coa gran novidade da figura de retención nos centros educativos.

Novas relacionadas

Decretan emerxencia sanitaria en Cambre para contratar de forma urxente a limpeza en colexios

ÚLTIMAS

O transporte de mercadorías da Coruña volve ás mobilizacións: os sindicatos denuncian unha perda salarial do 13 %

Os sindicatos CCOO, CIG e UXT, que integran a mesa negociadora do convenio provincial...

A reforma dos Cantóns entra na súa fase final cunha aposta por máis espazo peonil e mobilidade sostible

O Concello da Coruña iniciou a fase final da reforma dos Cantóns, coa reorganización...

Salvamento Marítimo remolca un pesqueiro que quedou sen goberno preto da Torre de Hércules

Salvamento Marítimo auxiliou este venres un pesqueiro que quedou sen goberno cando navegaba a...

Un pleno de acordos e desacordos sobre vivenda, escolas infantís e a Fundación Luís Seoane

Celébrase esta mañá de xoves 1 de outubro un novo pleno no Pazo de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here