InicioA CORUÑAPP e BNG urxen ao goberno local e ao Deportivo diálogo tras...

PP e BNG urxen ao goberno local e ao Deportivo diálogo tras as discrepancias sobre o convenio do estadio

Publicada o

Por europapress

Os grupos municipais de PP e BNG no Concello da Coruña demandaron ao goberno local coruñés e ao Real Club Deportivo diálogo trala polémica xurdida no peor momento posible polo convenio relativo á cesión do estadio de Riazor.

Así o expuxeron en senllos comunicados despois de que a rexedora expuxese que o convenio para a súa firma está dispoñible, pero rexeitase o pago dun canon polo estadio con posible uso para fins comerciais, entre outras cuesitones.

O portavoz municipal do BNG Francisco Jorquera insta o concello a colaborar co club no seu retorno ao fútbol profesional, pero incide en que o estadio municipal de Riazor — para o que o goberno local expón unha cesión gratuíta — sexa un ben público. “Naturalmente o interese público debe ser preservado”, engade.
Jorquera lembra que “o Concello é unha institución que representa a toda a cidade. Na
Corporación están representadas todas as coruñesas e os coruñeses”, e que as relacións “entre o Deportivo como institución e o Concello como institución deben estar por riba das diferenzas puntuais que poida haber nestes momentos á hora de negociar o novo convenio de uso do estadio municipal de Riazor”.
“Polo tanto, instamos o Goberno Local e o Deportivo a que negocien coa mellora disposición para superar as súas diferenzas e sempre partindo destas consideracións: é necesario e desexábel que o Concello colabore co club, mais tamén cómpre preservar o interese público cando estamos a falar do uso dun ben público”, concluía Jorquera

Mentres, o portavoz do grupo municipal do PP, Miguel Lorenzo, pide á alcaldesa, a socialista Inés Rey, “reflexión e diálogo”. Tamén ás dúas partes “que senten e respéctense porque o respecto mutuo é esencial”. “Esta situación nos molesta a todos. Onte quitáronnos a festa
fuciños, o que diría Arsenio, e neste caso despois de conseguilo. Todos os afeccionados ao deporte agardabamos estar en María Pita acompañando ao equipo e a deportividade é quen sufre as consecuencias”. Lorenzo considera que a “propiedade leva moito moito tempo esperando un diálogo co Concello que non teñen”. “Non entendo que por unha banda a Alcaldesa diga que ten a man tendida e ao mesmo tempo usa termos como chantaxe ou lucro particular por parte de Abanca”.

ÚLTIMAS

A bordo da memoria: o Elcano rende tributo á travesía esquecida de 1525 desde A Coruña ás illas Molucas

A saída de Ferrol do buque escola Juan Sebastián de Elcano, prevista para este...

Incendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Un total de tres persoas foron trasladadas en ambulancia ao CHUAC tras rexistrarse un...

Inés Rey sobre Feijóo: “non ten nada que achegar á cidadanía”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, sinalou que o líder do Partido...

Convocados paros parciais na cociña do Hospital Quirón da Coruña o martes e mércores “contra os recortes”

O sindicato Unión Xeral de Traballadores Servizos Públicos (UGT-SP) anunciou unha convocatoria de paros...