InicioDEPORTESO Concello invita a retomar a relación co Deportivo trala "rectificación" do...

O Concello invita a retomar a relación co Deportivo trala “rectificación” do seu presidente

Publicada o

Por editor

Publicaba esta pasada noite o Real Club Deportivo da Coruña, despois do agrio cruce de declaracións co Concello da Coruña, este comunicado do seu presidente, Ávaro García Diéguez:

Un comunicado no que, a pesar de asegurar que a “alcaldesa falta a verdade, moitos entenderon como unha “recollida de cable”, no que propón renovar o convenio vixente, asinado entre a directiva de Tino Fernández e a Marea Atlántica no ano 2000 e con vencemento no 2025.

Así o entende tamén a alcaldesa Inés Rey, que chamou esta mañá ao presidente do Real Club Deportivo para retomar a relación entre ambas institucións. “O Concello acepta rectificación feita pública pola dirección do RC Deportivo anunciando que o accionista maioritario desbota a súa pretensión inicial de obter a cesión do estadio durante 40 anos e acepta tamén a chamada cláusula de arraigo que desde un primeiro momento propuxo o Goberno local, renunciando tamén á explotación económica do estadio fóra da actividade deportiva”, explica esta mañá o Concello nun comunicado.

A alcaldesa valorou “moi positivamente a súa disposición a firmar o convenio para o uso gratuito de Riazor durante os próximos 25 anos nos termos propostos polo goberno, moi semellantes aos agora vixentes e que evitan calquer tipo de especulación co patrimonio público municipal”.

A rexedora lembra que a praza e o Palacio Municipal, indicou Rey, están abertas para acoller aos xogadores e ao cadro técnico para celebrar á volta do club ao fútbol profesional.

Finalmente o convenio asinarase esta mesma tarde.

Máis novas

A alcaldesa da Coruña acusa a Abanca e defende que “O deportivismo non está en venda”

O novo enfrontamento entre Real Club Deportivo e o Concello impide aos coruñeses gozar da festa de María Pita

 

COOPERACIÓN E ENTENDEMENTO

Pola súa banda, o portavoz do goberno local coruñés e concelleiro de Economía e Planificación Urbana, José Manuel Lage, cuestionado por este asunto polos xornalistas, recalcou que a “posición” da alcaldesa e do goberno municipal é “sempre á beira do Deportivo, da súa afección e da cidade”.

“Hai que abrir unha nova etapa de entendemento e de cooperación”, insistiu, en alusión ás relacións entre o consistorio e o Real Club Deportivo. “O goberno municipal ten sempre a maior disposición para entenderse con todas as institucións públicas e privadas”, apuntou para engadir que “hai condicións para poder renovar ese acordo co clube”.

ÚLTIMAS

A Xunta ratifica a declaración da Torre de Hércules como asegunda zona ENIL da Coruña

O Consello da Xunta acaba de anunciar que a Torre de Hércules xa conta...

A muller asasinada na Sagrada Familia pola súa parella estaba no sistema VioGén

O home detido pola Policía Nacional da Coruña como presunto autor de matar a...

O voluntariado do Festival Mar de Mares téndelle a man ao mar

Rematou unha nova edición do Festival Mar de Mares e fíxoo co xesto máis...

Un curto pero vibrante domingo de Deporte na Rúa

Ademais da marea xerada nos últimos tempos coas carreiras populares, poucas actividades reúnen tantas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here