InicioECONOMÍAO porto da Coruña recibiu case 75.000 viaxeiros de cruceiros no comezo...

O porto da Coruña recibiu case 75.000 viaxeiros de cruceiros no comezo de 2024

Publicada o

Por monchomarino

O porto da Coruña recibiu un total de 74.263 pasaxeiros de cruceiros no primeiro cuadrimestre do ano, o que supón un incremento do 68% respecto ao mesmo período do 2023, segundo os datos publicados por Portos do Estado este mércores.

Este aumento contrasta coa caída do 41,2% que sofre o porto de Vigo entre xaneiro e abril, que queda en só 20.190 cruceristas, uns 14.000 menos que un ano antes.

Estes son os dous principais portos de cruceiros en Galicia, pero a autoridade portuaria de Ferrol-San Cibrao computou 3.163 pasaxeiros, un 38,6% máis na comparativa interanual do primeiro cuadrimestre.

En cambio, Vilagarcía de Arousa, que nese período recibira 783 pasaxeiros en 2023, agora queda con ningún visitante.

CAEN AS MERCADORÍAS

No tocante aos tráficos de mercadorías no seis portos de titularidade estatal en Galicia (que se corresponden con cinco autoridades portuarias), hai unha baixada do 6,5% entre xaneiro e abril de 2024 fronte a eses meses de 2023. O total queda en 10,3 millóns de toneladas.

A maior caída relativa sófrena as mercadorías de Ferrol-San Cibrao, cun 28,7% menos, ao que seguen os descensos de Vilagarcía (-5,4%) e A Coruña (-2,1%), que é o de maior volume (4,9 millóns de toneladas). En cambio, repuntan Marín (18,8%) e Vigo (15,1%).

ÚLTIMAS

O BNG volve preguntar polo, prometido hai 10 meses, concurso para designar a dirección da Fundación Luís Seoane

Xa pasaron case 10 meses dende que o Xornal da Couña destapaba o escandaloso...

Miguel Lorenzo derrogará a declaración de zona tensionada da Coruña se chega á alcaldía

O candidato do Partido Popular á Alcaldía da Coruña, Miguel Lorenzo, anunciou o seu...

Controlado un conato de incendio no lugar das Rañas en San Cistovo das Viñas

  Un conato de incendio declarado este xoves nas Rañas, na Coruña, deuse por controlado...

UDC, Inditex e o MIT asinan un proxecto para transformar residuos cervexeiros en materiais sustentables

O Centro de Investigación en Tecnoloxías dá Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here