Tremendamente grave é a situación da asistencia xurídica obrigatorio. Un servizo público como o é a sanidade ou a educación, que o goberno da Xunta segue esmagando ata a extenuación, cunha clara intención ideolóxica de acabar privatizándoo.
Así o denuncia o sindicato Venia, o único sindicato de Avogados oficial no que se poden apoiar todos os avogados e avogadas para denunciar a súa precaria situación cando exercen como avogados do turno de oficio.
Contexto
É complexa e pouco explicada a situación do Turno de Oficio. Primeiramente, todo avogad@, e procurador/a, polo feito de estar colexiad@ ten obriga de prestar este servizo público de asistencia xurídica obrigatoria, este servizo de turno de oficio, consistente en dar apoio xurídico ás persoas con menos recursos. Un servizo que teñen que dar (teñen que realizar gardas e poden ser chamados a calquera hora da semana) aínda que a persoa afectada (persoas acusadas dalgún delito ou tamén vítimas de Viogen, por exemplo) non queira.
Un servizo que se vén “obrigados” a dar (non poden renunciar a un cliente aínda que saiban que non van cobrar nada), pero que teñen que sufragar eles mesmos, como autonómos e autónomas, porque o orzamento da Dirección Xeral de Xustiza da Xunta para este servizo é mínimo, provocando unhas condicións laborais terribles, que fai insostible ofrecer unha atención axeitada.
“Os últimos escravos de Europa”
”Seguimos facéndoo por deontoloxía profesional”, recoñece Rosa Lozano, do sindicato Venia, pero “en realidade nos chamamos a nós mesmos os últimos escravos de Europa, porque é un traballo forzado como a mili, pero ademais sen que nos recoñece esa vinculación laboral”, explica. “Temos que desprazarnos cos nosos propios vehículos, pagar a gasolina… e ademais non se nos cotiza por eses traballo, é coma se non tivésemos relación laboral coa administración, a pesar de estar ofrecendo un servizo público, porque temos un mísero soldo que a Xunta lle chama indemnización, nin sequera retribución, pola que non cotizamos, non temos baixas, paro, vacacións…”, lamenta. “Non queremos ser funcionarios, pero existe unha figura de persoal laboral, que recolle este tipo de figura”, lembrando que a día de hoxe a figura do avogado xa non é como nos anos 90, onde só as persoas de familias pudientes exercicían, senón que a día de hoxe o corpo de avogados e procuradores está formado por persoas normais formadas, autonómos e autónomas.
Outro dato importante, a estrutura do servizo: A Lei de Existencia de Xustiza Gratuita é estatal, pero é de competencia autonómica a coordinadoción do servizo, e os fondos que se destinan para mantelo. Pero é que ademais é o Colexio de Avogados de cada provincia o órgano xestor, o que ordea a un ou a outro avogado que ten que ir cubrir este xuízo, abrindo a porta a estas entidades privadas a posibles conflitos de intereses entre os seus colexiados.
Folga
“Como aguantastes tanto?” soen preguntarnos as persoas ás que lle explican a situación dende que se alzaron en folga estatal o 21 de novembro de 2023. Unha folga sostida a día de hoxe, con xentes máis involucradas e outras menos, para seguir loitando polo “mantemento do servizo público que de forma evidente queren desarticular, e deixar sen contido”. Por iso continúan reclamando os seus dereitos a ofrecer un servizo digno, a mellora as súas condicións laborais, pero tamén por recibir un recoñecemento de “imprescindibles”, como acontece cos mestres ou cos sanitarios.
”É evidente que se percibe unha idea liberalista do servizo por parte do goberno do PP en clave de privatización, como xa fai coa sanidade ou a educación”, lamenta Lozano, “e claro que tememos que unha vez máis, por parte da Xunta, se estea desmantelando outro servizo público”, e pasando a ofrecer este necesario servizo xurídico social a través, por exemplo, dunha concesión a unha empresa privada.
Casos concretos: O Partido Xudicial de Corcubión
Ten habido casos xa en Galicia de desenvolvendo de folgas en clave de baixas masivas. Así foron os casos de Lalín, A Estrada e Ourense, e así está a acontecer estes días no Partido Xudicial de Corcubión (integrado por 8 Concellos: Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Zas). Compañeiros de garda (eses avogados que cada semana teñen que estar pendentes do móbil para acodir a unha emerxencia xurídica en caso de detención, ou ataque a unha vítima sen recursos) no marco da Folga Nacional, presentaron, o pasado 24 maio de 2024, a súa baixa de forma masiva e conxunta.
Pero “nunha nova mostra de irresponsabilidade da Dirección Xeral de Xustiza de Galicia, que non puxo servizos minimos, e nunha acción sen igual en toda España por parte do Colexio de Avogados da Coruña, acordaron manter o devandito servizo cos tres letrados que non se uniron á solicitude de desistencia e con outro letrado, adscrito ao partido xudicial de Muros, en lugar de, ante a falta de avogados, cursar a alta obrigatoria a quenda oficial de todos os membros do partido xudicial”.
O sindicato de avogados Venia considera que “esta decisión supón un claro incumprimento polo Colexio de Avogados da súa obriga de garantir que os cidadáns sen medios económicos reciben un correcto servizo de xustiza gratuíto, beneficiándose con ela, non só aos membros non pertencentes ao Turno á impoñer a súa alta no dito servizo, tal e como esixe a lei, pero tamén aos tres avogados que non apoiaron aos seus compañeiros nas súas xustas reivindicacións”. “Ese comportamento por parte do Colexio da Coruña, que é o único Colexio de España amosa irresponsabilidade en canto ao servizo e á seguridade xurídica dos solicitantes de asistencia xurídica gratuita. “
Dende o sindicato piden “que se sente co comité de folga o Director Xeral de Xustiza, e tamén o Conselleiro, para que se establezan un presuposto que permita das o servizo de forma digna”.
Máis novas
Procuradores e avogados protestan na Coruña para reclamar unhas retribucións “dignas”