InicioOPINIÓNO Concello aproba a cesión da Terraza para a sede da Axencia...

O Concello aproba a cesión da Terraza para a sede da Axencia Española de Intelixencia Artificial

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña aprobou, na Xunta de Goberno local, a proposta de convenio para a cesión gratuíta do edificio da Terraza ao Ministerio de Transformación Dixital e da Función Pública, que albergará a sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA).

O texto asinarase mañá martes, 18 de xuño, por parte da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e do ministro de Transformación Dixital e da Función Pública, Jose Luís Escrivá, no Palacio de María Pita, segundo apuntou a rexedora, quen asegurou que “en breve” se acometerán tamén as actuacións de remodelación.

A aprobación do convenio enmárcase na relación de cooperación interadministrativa entre ambas as institucións, de acordo cos compromisos adquiridos polo Concello da Coruña tras a resolución do Consello de Ministros de 5 de decembro de 2022 polo que se determinou a cidade como sede física da AESIA.

Trátase dunha concensión gratuíta e temporal para o que se establece un prazo transitorio de 12 meses para que a Axencia poida ir ocupando os espazos que se consideren necesarios. O Concello comprométese a pór a disposición outros espazos públicos neste período transitorio, ademais de crear unha oficina municipal de benvida.

ÚLTIMAS

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

Retencións de cinco quilómetros na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes na AP-9, á altura do...

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...