InicioPOLÍTICAO PP incide na falta de execución dos investimentos do goberno socialista:...

O PP incide na falta de execución dos investimentos do goberno socialista: “A falta de 3 meses só executou o 11%”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Volve o PP da Coruña no pleno deste vindeiro xoves 3 de outubro, incidir na baixa porcentaxe de execución dos Orzamentos de 2024. Xa o denunciou o ano pasado, criticando que o PSOE se deixase sen executar 100 dos 243 millóns do orzamento de 2022, pero as cifras deste ano van polo mesmo camiño.

O voceiro do PP, tras analizar o estado de execución orzamentaria que acompaña a documentación da modificación de crédito do M5, denuncia que o goberno socialista “só executou o 11% do orzamento de investimento despois do 75% do ano: ata o 24 de setembro só gastou 13M€ dos 114,76M€ presupostos para obras”.

No que respecta ao orzamento total, 431,3 millóns, a falta de tres meses para o peche, só se executou o 43% (188,8 millóns), con 242,5 millóns pendentes.

A porcentaxe é peor en cesións por obras realizadas por outros como subvencións para rehabilitación, instalación de ascensores, etc. Só se executou o 2,6%: 622.859,50 euros dos 23,89 millóns de euros orzamentados.

Fai balance ademais o PP, denunciando que o goberno socialista “deixou 225 millóns sen executar para os barrios nos seus 5 anos e isto vai camiño de record negativo”.

”Goberno en minoría”

No pleno deste xoves tamén alzará a voz o BNG que lle lembrará ao PSOE que goberna “en minoría”. O que favoreceu a investidura de Inés Rey lembra “os moitos exemplos que demostran que non ten nin maioría simple”, como poden ser proxectos tan importantes como o “convenio con Gingko sobre o futuro das Xubias, o nomeamento de Isabel Pardo de Vera como directora do Plan Estratéxico A Coruña 2030-2050 ou a candidatura para ser sede do mundial de fútbol masculino 2030”. Proxectos dos que o BNG asegura se enteirou pola prensa.

Por todo isto, piden “diálogo” e “consenso” e lembrou a necesidade de “cumprir o acordado”, di en relacióná negociación dos orzamentos para 2025.

Máis novas

As diferentes opinións de PSOE e BNG sobre a primeira reunión para negociar os orzamentos de 2025

Critican o baixo nivel de execución dos Orzamentos municipais

Critican o recorte e a falta de execución das axudas para a instalación de ascensores

ÚLTIMAS

A bordo da memoria: o Elcano rende tributo á travesía esquecida de 1525 desde A Coruña ás illas Molucas

A saída de Ferrol do buque escola Juan Sebastián de Elcano, prevista para este...

Incendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Un total de tres persoas foron trasladadas en ambulancia ao CHUAC tras rexistrarse un...

Inés Rey sobre Feijóo: “non ten nada que achegar á cidadanía”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, sinalou que o líder do Partido...

Convocados paros parciais na cociña do Hospital Quirón da Coruña o martes e mércores “contra os recortes”

O sindicato Unión Xeral de Traballadores Servizos Públicos (UGT-SP) anunciou unha convocatoria de paros...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here