InicioSUCESOSKirk deixa na Coruña árbores caídas, moita chuvia e caos no transporte

Kirk deixa na Coruña árbores caídas, moita chuvia e caos no transporte

Publicada o

Por editor

O exfuracán Kirk, xa convertido en borrasca, deixa en Galicia nas primeiras horas deste mércores refachos de ata 150 km/h, estradas alagadas e problemas no tráfico ferroviario e aéreo.

Segundo informou Adif, a circulación ferroviaria entre Padrón e A Escravitude debido á caída dunha árbore sobre a infraestrutura. Sinalan que persoal de Adif traballa para solucionar a incidencia, que provocou o atraso de varios trens na liña que une A Coruña e Vigo. Ademais, a liña A Coruña – Ferrol, incluída a parada en Betanzos, está tamén cortada. Os transportes faranse por estrada.

CONEXIÓNS AÉREAS

As conexións aéreas tamén se viron afectadas, concretamente voos con orixe-destino Peinador (Vigo) e Alvedro (A Coruña). Air Europa cancelou este martes os voos entre Madrid e Vigo de primeira hora da mañá (6.40 e 10.40 horas) e os seus inversos, que despegaban ás 8.40 e 11.25 horas.

Tampouco despegaron os voos entre Madrid e A Coruña (6.40 horas) e o inverso das 11.10 horas.  Entre as incidencias, destaca a voadura do tellado do polideportivo do instituto de Porto do Son (A Coruña), que obrigou a suspender as clases.

CASE 400 INCIDENCIAS EN GALICIA

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, informou de que o 112 rexistrou unhas 371 incidencias e máis de 3.000 chamadas durante as primeiras horas da borrasca Kirk en Galicia.

“Como todo o mundo sabe, estamos a pasar unha borrasca de alta intenisdad que afectou en maior medida ás provincias de Pontevedra e A Coruña, e en menor medida, ás de Ourense e Lugo”, lembrou. Apuntou que as incidencias foron, sobre todo, caía de árbores e ramas nas estradas, xunto a obxectos de todo tipo.

CAÍDA DE ÁRBORES

Na Coruña, árbores obstaculizaron o tráfico. Tamén en diversos puntos de Cambre e Culleredo. Ademais, un desprendemento de terra provocou retencións no corredor Noia-Santiago. Os fortes refachos de vento tamén provocaron cortes de luz en diferentes puntos da xeografía galega, especialmente nas provincias de Pontevedra e A Coruña.

ÚLTIMAS

A salsa de Marc Anthony conquista A Coruña nunha noite para a lembranza

Foron moitas as persoas que se agolparon dende ben cedo ás portas do Peirao...

O Seprona intercepta unha furgoneta con 429 quilos de lagostinos sen documentación

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil interceptou unha furgoneta procedente...

A bordo da memoria: o Elcano rende tributo á travesía esquecida de 1525 desde A Coruña ás illas Molucas

A saída de Ferrol do buque escola Juan Sebastián de Elcano, prevista para este...

Incendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Un total de tres persoas foron trasladadas en ambulancia ao CHUAC tras rexistrarse un...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here