InicioCULTURASolicitan a retirada da Medalla de Ouro ao mérito no traballo ao...

Solicitan a retirada da Medalla de Ouro ao mérito no traballo ao Conde de Fenosa

Publicada o

Por editor

Volve o sociólogo, investigador e vítima do franquismo Manuel Monge González, a rexistrar unha nova petición para o cimplemtno da Lei 20/2022 de 19 de outubro de Memoria Democrática. Como fixo no pleno deste mes conseguindo o compromiso municipal para a eliminación de 378 símbolos franquistas da cidade, Monge rexistrou desta volta na Subdelegación do Goberno da Coruña un escrito para Yolanda Díaz, ministra de Traballo e Economía Social, que inclúe unha ampla documentación nos anexos, que xustifica a retirada das Medallas ao mérito no traballo a tres figuras como Pedro Barrié de la Maza, José María González Llanos y Caruncho e José Fariña Ferreño.

“A historia non pode construírse desde o esquecemento e o silenciamento dos vencidos. O coñecemento do noso pasado recente contribúe a asentar a nosa convivencia sobre bases máis firmes, protexéndonos de repetir erros do pasado. A consolidación do noso ordenamento constitucional permítenos hoxe afrontar a verdade e a xustiza sobre o noso pasado. O esquecemento non é opción para unha democracia”, entende Monge, que lembra que o artigo 10.1.b do Real Decreto 153/2022, de 22 de febreiro, de Regulamento da Medalla e a Placa ao Mérito no Traballo xustifica a retirada destas medallas: “Poderá ser revogada cando quede acreditado que a persoa beneficiaria, antes ou despois da concesión, con motivo de formar parte do aparello de represión da ditadura franquista, realizase actos ou observado condutas manifestamente incompatibles cos valores democráticos e os principios reitores de protección dos dereitos humanos”.

Monge descríbenos os persoeiros para entender as peticións.

Medalla de Ouro ao mérito no traballo a Pedro Barrié de la Maza

Amigo persoal do ditador Franco, que distinguiu a Barrié co título de Conde de Fenosa e procurador das Cortes franquistas de 1946 a 1955; Barrié apoiou a sublevación fascista do 18 de xullo de 1936 e subvencionou o exército de Franco, exerceu a represión contra os traballadores do Banco Pastor, seguindo as instrucións de depuración do Goberno de Franco, e tivo unha actuación fundamental no espolio do pazo de Meirás e da Casa Cornide para beneficio da familia do ditador Franco.

Barrié perde o título nobiliario de Conde de Fenosa, en aplicación da Lei de Memoria Democrática, pero aínda conserva distincións en numerosos concellos de Galicia, entre outras: rúas en Ferrol e Fillo Adoptivo (16-6-1967); Medalla de Ouro da provincia, concedida a título póstumo pola Deputación da Coruña (17-5-1971). Fillo Adoptivo de O Barcos de Valdeorras (12-8-1947).
Na Coruña dá nome a unha avenida e ao dique de abrigo, ten a Medalla de Ouro (5-4-1963), r un retrato no palacio municipal de María Pita.

 

Medalla de Prata no traballo a José María González Llanos y Caruncho

Súmase á sublevación militar de 1936 embarcando como Capitán de Corveta no cruceiro Canarias o 7 de agosto de 1936 e participando na batalla de Cabo Espartel no afundimento do destrutor Almirante Ferrándiz da República. Contralmirante honorario na ditadura (1958). Medalla de la Campaña, condecoración concedida entre 1938 e 1939 para distinguir intervencións en operacións bélicas ou servizos (tiña tamén esta distinción Gabriel Pita de Veiga, almirante e ministro de Mariña na ditadura); Medalla de Prata de Ferrol (17-4-1943), que recibirían tamén os ministros da ditadura José Ibáñez Martín e Alfonso Peña Boeuf; Fillo Predilecto de Ferrol (3-6-1968) e Fillo Adoptivo de Fene (28-10-1968).

Medalla ao Mérito no Traballo na súa categoría de ouro a José Fariña Ferreño

Estreito colaborador de José Calvo Sotelo, enlace desde Portugal cos militares golpistas de Andalucía. Fariña Ferreño era unha persoa de confianza do ditador Franco e unha peza importante na represión fascista. Está ao fronte da Delegación de Información de Residentes en Madrid (DIDREM), que recolle información sobre as persoas que se encontraban en Madrid, e con posterioridade no resto do territorio sometido polas tropas franquistas, e cuxos datos foron empregado con fins represores durante a guerra e, particularmente, cando finaliza esta. Ten a Medalla de Prata da Coruña (6-6-1950), Medalla de Ouro (25-9-1962), ten tamén unha rúa no barrio do Castrillón; Fillo Predilecto da provincia da Coruña (27-6-1953); Medalla de Ouro de Santiago (23-12-1965); rúa en Vilagarcía.

Máis novas

“Os tempos son chegados”: Monge consegue o compromiso municipal para eliminar os 378 símbolos franquistas da cidade

 

Presentan un informe para solicitar a eliminación de 373 símbolos franquistas na cidade da Coruña

 

Manuel Monge: “O importante é saber a quen serve Feijóo e os pasos que foi dando para defender os ricos”

ÚLTIMAS

Inés Rey sobre Feijóo: “non ten nada que achegar á cidadanía”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, sinalou que o líder do Partido...

A Garda Civil da Coruña recupera 16.700 euros e bloquea outros 126.000 en fraudes de investimento e estafas de factura

A Garda Civil da Coruña recupera 16.700 euros e bloquea outros 126.000 en fraudes de investimento e...

Colaboración entre a UDC e o Hospital de Ferrol para desenvolver lentes de realidade aumentada en cirurxía

Profesionais do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) colaboran co Campus Industrial de Ferrol...

Desestimada unha demanda por desafiuzamento nun edificio de Cambre promovida pola Sareb

A Audiencia Provincial desestimou o recurso de apelación interposto pola Sareb (coñecido como o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here