InicioCULTURAA RAG culpa o Decreto do Plurilingüismo como gran causante da dramática...

A RAG culpa o Decreto do Plurilingüismo como gran causante da dramática situación do galego

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O informe que en outubro sacaba o IGE xa foi un punto de inflexión, sendo a primeira vez que o castelán se impuña ao galego como lingua máis falada no noso país.
Esta semana vimos de coñecer un novo Informe do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega, que ratifica a dramática situación da nosa lingua.

A RAG vén de facer unha declaración institucional rotunda, destacando as “contundentes cifras” que sinalan a “dramática redución da cifra de falantes de 5 a 14 anos”, o “incremento exponencial das prácticas monolingües en castelán en todos os grupos de idade (que atinxe o 43% na cohorte de 15 e 29 anos e o 54% na de 5 a 14 anos)”, e a “incapacidade para falar galego do 32% no grupo de idade máis novo, e a incompetencia para escribilo do 38% nese mesmo grupo”.

E para a RAG, hai un claro causante: “Estas cifras ofrecen unha proba rotunda das consecuencias do decreto chamado de plurilingüismo de 2010 e en xeral do abandono das políticas de protección do galego: incremento do monolingüismo en castelán e diminución tanto da competencia en galego canto do seu uso”.
A RAG sinala como claro culpable ao goberno da Xunta: “ responsabilidade é de toda a sociedade galega, pero moi fundamentalmente de quen detén o goberno e dispón, xa que logo, dos mecanismos de actuación e planificación. A primeira responsabilidade é, por tanto, do goberno galego”.

Nese sentido, critican a fondo o papel castelanizador das escolas.

O camiño

Para reverter esta substitución do galego dende abaixo, dende a mocidade, a RAG insta ás familias a recuperar a transmisión xeracional e sinala o achegamento á lusofonía, “sen renunciar ao galego”, como vía fundamental.

A RAG culpa tamén aos medios (non aos medios en galego, por suposto), e pide á industria cultural a creación de “mecanismos e estratexias de difusión que permitan aos creadores en galego chegar ás audiencias (sobre todo á xente nova) e compensar a forte incidencia da oferta global.”

Por suposto urxen tamén ás administracións (en todas as áreas), e tamén ás empresas, á publicidade, ao comercio, ao deporte… a vertirse de galego.

Todo o anterior debería concretarse nunha revisión do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, en que deben participar os axentes sociais relevantes, para chegar a un imprescindible Pacto pola Lingua Galega.

As gráficas

Aquí deixamos unhas gráficas do Informe, que podedes descargar aquí:

Frecuencias de lingua inicial (L1) en Galicia da poboación de 5 ou máis anos. 2023

lingua inicial da poboación de 15 ou máis anos. 1992-2023 Lingua habitual da poboación galega de 5 ou máis anos. 2023 Lingua habitua en Galicia 2023

Serie de entrevistas sobre a lingua

Carmen Pereira, mestra de Primaria: “A rapazada precisa máis contido galego”

“Hai moito galegofalante encuberto na cidade”

Ana Suárez: “Nas entidades sociais está bastante normalizado o uso do galego, non tanto na administración penitenciaria”

Xurxo Souto: “Na Coruña somos un dos lugares con maior número de galegofalantes”

Que problemas ten o galego para ser útil en Internet?

 

ÚLTIMAS

“Meirás será un dos lugares de referencia para o recordo e homenaxe a todas as vítimas da ditadura”

O Concello de Sada mostrou a súa satisfacción polo feito de que o Pazo de...

A Xunta declara como área de rehabilitación integrla a zona de Meicende-O Petón

A Xuntas aprobou a declaración como área de rehabilitación integral (ARI) da zona de...

Mariscadores do Burgo urxen axudas a Goberno central e Xunta: “Están a asfixiarnos economicamente”

Mariscadores da ría do Burgo secundaron este luns unha nova protesta, nesta ocasión ante...

Alvedro rexistra 1,2 millóns de pasaxeiros no 2024, un 1,2 % menos que no 2023

Os tres aeroportos galegos moveron durante o pasado 2024 a case 6 millóns de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here