InicioCULTURAO Rosalía acolle hoxe a Gala Manicómicos

O Rosalía acolle hoxe a Gala Manicómicos

Publicada o

Por editor

Son iconos do humor da cidade da Coruña, como o refrendan os seus 21 anos facendo rir. A Asociación Cultural Manicómicos celebrará o seu 21 aniversario hoxe venres 3 de xaneiro no Teatro Rosalía Castro, cunha gala especial que comezará ás 19.00 horas. A entrada será gratuíta ata completar a capacidade do teatro.

Trátase dun espectáculo para todos os públicos, no que as persoas asistentes poderán gozar de números de circo e de humor, preparados especialmente para a ocasión.

Manicómicos celebra así 21 anos de actividades que o levaron a ser coñecido en todo o país e lonxe das súas fronteiras, grazas en maior parte ao seu Festival Manicómicos, que o vindeiro verán cumprirá a súa 24 edición.

A gala será presentada por Marta Iglesias e contará coa participación de artistas relevantes de Manicómicos, xunto con invitados e sorpresas, ademais de contar coa presenza do grupo de alumnos de clown da asociación, que tamén pisarán as táboas do teatro. Ademais, a agrupación tamén participará, o día 5 de xaneiro, na Cabalgata de Reis, como xa é habitual nos últimos anos.

 

Os Manicómicos, finalistas do “Premio Nacional CIRCORED ás Boas Prácticas”

 

ÚLTIMAS

A bordo da memoria: o Elcano rende tributo á travesía esquecida de 1525 desde A Coruña ás illas Molucas

A saída de Ferrol do buque escola Juan Sebastián de Elcano, prevista para este...

Incendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Un total de tres persoas foron trasladadas en ambulancia ao CHUAC tras rexistrarse un...

Inés Rey sobre Feijóo: “non ten nada que achegar á cidadanía”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, sinalou que o líder do Partido...

Convocados paros parciais na cociña do Hospital Quirón da Coruña o martes e mércores “contra os recortes”

O sindicato Unión Xeral de Traballadores Servizos Públicos (UGT-SP) anunciou unha convocatoria de paros...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here