InicioBARRIOSXuxán como modelo de colaboración pública para promover vivenda protexida

Xuxán como modelo de colaboración pública para promover vivenda protexida

Publicada o

Por europapress

A ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez, puxo en valor o modelo “excepcional” desenvolvido entre o Concello da Coruña e o Goberno para a promoción de vivenda pública. Un barrio no que tamén a Xunta ten en marcha a construción de 520 vivendas protexidas.

Así, a ministra destacou o “impulso” do Goberno central “en colaboración coa Xunta e o Concello” para promover vivendas públicas ou protexidas no barrio, a través dos fondos do Plan de Recuperación e as achegas das demais administracións.

Fíxoo nunha visita ao barrio coruñés de Xuxán, en concreto a un edificio en construción de 50 pisos que financian o Concello da Coruña e o Goberno central, o primeiro cunha achega de oito millóns de euros e o segundo con dous millóns de euros.

Vivenda

No acto, houbo tamén reivindicación á necesidade de regular as vivendas turísticas, cuxa ordenanza no caso da Coruña levará ao pleno deste xoves, e tamén de abordar medidas, como a declaración de mercado tensionado, ante os prezos do aluguer.

A este respecto, a ministra confiou na “disposición” do Executivo galego para darlle resposta “con celeridade” á petición que formalizará o consistorio coruñés na primeira semana de marzo, precisou tamén a rexedora, á Xunta. Farao, segundo o goberno local, tras un informe que constata o cumprimento das condicións para a citada declarción na maioría dos distritos da cidade.

Máis novas sobre urbanismo

As 10 promocións urbanísticas formuladas na Coruña prevén a construción de 18.000 novas vivendas

 

#Ninmedionormal, a campaña de @o.novo.normal.coruna pola Emerxencia Inmobiliaria

ÚLTIMAS

A preocupante situación do SAF da Coruña

Saían de novo onte á rúa as traballadoras de residencias privadas, pero desta volta...

Participación “masiva”, segundo sindicatos, nos paros do persoal de cociña do Hospital Quirón da Coruña

Os traballadores da cociña do Hospital Quirón da Coruña participaron de forma "masiva" nos...

Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

Anunciou onte o Concello da Coruña unha nova mellora no servizo municipal BiciCoruña. Ás...

Seleccionado un proxecto sobre o cancro da investigadora da UDC Elena Pazos polo CICA

A investigadora Elena Pazos Chantrero, do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da...