InicioSen categorizarPepe Carreiro expón o seu humor

Pepe Carreiro expón o seu humor

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Figura indiscutible do humor e da prensa galega é Pepe Carreiro. As súas tiras cómicas teñen pasado nos últimos 40 anos por xornais como Faro de Vigo, Diario de Galicia, La Voz de Galicia, El Mundo (edición Galiza), Xornal de Galicia e Nós Diario, e en semanarios e revistas como A Nosa Terra, Can sen Dono, Tempos Novos, A Trabe de Ouro  e Xo! , para acabar neste século servindo de fachenda galega polas rede sociais.

Este mes de febreiro poderemos gozar de 50 das súas pezas na mostra ‘Humor para mudar o mundo. Que graza!’ que se estrea este mesmo venres 14 de febreiro, ás 19:30h no local da A.C. Alexandre Bóveda, no primeiro andar do edificio do Circo de Artesáns, na rúa Santo André, 36. Non faltará o propio humorista gráfico e creador dos Bolechas.

A mostra, organizada Federación Galiza Cultura, recolle o sentir da pluma do autor vigués: unha primeira, frase en serio e pretensiosa (Humor para mudar o mundo), que logo, na segunda, cunha contestación burleira (Que graza!) rebaixa as ínfulas da primeira parte e lle dá un baño de realidade.

Pepe Carreiro exposicion

É un mestre da síntese expresiva, tanto desde o punto de vista do debuxo como do texto. Neste sentido, encádrase de cheo na tradición do humor gráfico galego inaugurada por Castelao.

 

ÚLTIMAS

CRMH recorrerá a declaración do Pazo de Meirás como Lugar de Memoria

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña anunciou que recorrerá a...

As familias do IES Zalaeta esixen seguridade para comezar o curso

Non hai comezo de curso tranquilo na cidade. Hoxe empeza o curso e no...

Xunta e Concello da Coruña pechan os itinerarios dos autobuses para a futura estación intermodal

A Xunta de Galicia e o Concello da Coruña avanzan na reorganización dos servizos...

Inés Rey reclama á Xunta un plan integral para rehabilitar os colexios públicos da Coruña

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reclamou este martes á Xunta de Galicia a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here