Un mes despois da sinatura do chamado Master Plan Coruña Marítima, e mentres a sociedade espera os prometidos talleres participativos, tivo lugar onte no Circo de Artesáns o primeiro debate aberto sobre esta importante actuación. Unha xornada organizada pola Plataforma Defensa do Comun, a AC Alexandre Bóveda e o Circo de Artesáns, no local de San Andrés, ao que acodían máis de 100 persoas, entre eles responsables políticos como Francisco Jorquera (voceiro do BNG), Juan Díaz Villoslada (de Sumar) ou o alcalde de Oleiros, Anxo García Seoane. Moita xente vinculada caa arquitectura e o urbanismo estaba presente para escoitar as opinións de Ruth Varela, Presidenta do Colexio de Arquitectos da Coruña; Miguel A. Abelleira Doldán, Director da Escola de Arquitectura da Coruña; o profesor xubilado Benedicto Alvarez, e Juan Corrás da Lonxa da Coruña.
Non estiveron, porén nin o Concello (a organización sinalou que responderan que “era carnaval” e non había posibilidade de mandar a ninguén…) nin a Autoridade Portuaria (dixeron que “por dificultade de axenda”).
Contra a crise climática
Comezaba a sesión Varela cun crú relato, lamentando que o colectivo de Arquitectos quedase “excluído do Plan” por non ter poder económico, e denunciando que ante este Plan “enfróntamos a unhas propostas anacrónicas“. Afondou moito no camiño que propón o chamado Master Plan (incidiu en que esa non é unha nomenclatura habitual), de enfrontarse “a Crise climatica”, propoñendo unha zona residencial nunha zona de gran risco de inundación como é San Diego.
Criticou que o “gran desenvolvemento inmobiliario provoca unha doble privatización, coa excusa da débeda, coa creación de infraestruturas que non necesitamos como equipamentos de turismo náutico, outro Palexco… “
Varela puxo tamén o foco na participación e criticou, como Álvarez, que se amosou escandalizado: “Como se pode facer un concurso restrinxido?”
Especulación
Varela tamén criticou que esteamos nun país no que para facer unha gran obraa, aínda que sexa pública, sempre ten que estar presente a “especulación”, algo tamén refrendando na parte final polo rexedor oleirense que calificou o plan de Operación especulativa monumental”. “A quen lle queren contar que van facer vivendas sociais para familias traballadoras no mellor sitio da Coruña?? Hai que facer parques”, sentenciou ademais de criticar profundamente que se fale da débeda, deixando patente que “a Autoridade Portuaria sóbralle cartos para pagar a débeda cos novos contratos no Porto Exterior”.
”Oportunidade de ouro”
Non quixo ser tan duro, pero si deixou clara a súa posición, Miguel A. Abelleira Doldán, Director da Escola de Arquitectura da Coruña. “Estamos ante unha oportunidade de ouro para definir como nos queremos relacionar co mar”. Lembrou o proceso do recheo dos Xardíns de Méndez Núñez, onde tamén houbo presións para facer vivenda, pero quedou en espazo público, onde se foron construíndo infraestructuras que foron perdendo calidade co paso das décadas do século pasado.
O director xa participou na precomisión coordinada por Francisco Jorquera, propoñendo “unha dirección de gobernanza, cun marco flexible, porque nos xogamos os próximos 30-50 anos. Temos que deixar aos nosos fillos unha cidade que soñamos, pero porto e cidade teñen que seguir xuntos, é parte da idiosincrasia da cidade”.
Amosouse contrario á venda de terreos e sinalou que a cidadanía ten que poñerse a facer preguntas e a politica ten que estar para escoitalas, non para facer partidismo, esperando que non esteamos ante “outra oportunidade perdida”.
A Débeda
Fixo fincapé na débeda o profesor xubilado Benedicto Álvarez. “A Autoridade Portuaria da Coruña debe 262 millons de euros vinculados ao porto exterior; entre eles 172 ao préstamo de Portos do Estado que vence en 2040. Pero… En que se gastaron eses máis de 200 millóns? Non todo era para o porto, porque por exemplo 50 estaban gardados para que Repsol realizase o traslado ao Porto Exterior. Canto se lle ten pagado a Repsol?”, preguntouse.
”Quen é o gran beneficiado do Porto Exterior: Portos do Estado, que xa leva dende 2011 leva ingresados 49 millóns de euros de intereses”, apunto preguntándose “por que se lle condóna a débeda ao Consorcio de Valencia 400 millóns e aquí non?”.
Álvarez lamenta que “regresamos ao 2004, porque os consensos acadados no seu día (a continuidade dos usos portuarios, que o porto está moi vivo; a titularidade e xestión pública dos terreos; a esixencia da condonación da débeda; e que todo o deseño debería estar asentado sobre s participación cidadá e consulta pública), estes 4 elementos de consenso que parecían asentados tanto na corporación municipal como na socieda, vense quebrados neste documento”.
Puxo datos, e criticou a redución de espazos para uso portuario (24%) e pesqueiro (30%) en particular que de traslada a un espazo máis pequeno. Pero ademais o documento sinala que “os usos portuarios deben adaptarse ao proceso de humanización”.
”O porto está moi vivo”
Todos os poñentes destacaron a necesidade de manter o porto, pero as cifra aportounas Juan Corrás, da Lonxa da Coruña, que tamén participou na precomisión lembrando a importancia da pesca para o porto. 21.000 toneladas de peixe, 20-25 rutas diarias que saen a toda España, e 120 rutas que recibe a lonxa en barco ou por carretera de España e o estranxeiro. Outro dato clave: 400-500 persoas entran diariamente á lonxa para mover 1 millón de euros por semana.
Durante a rolda de preguntas quixeron facer as súas intervencións o alcalde de Oleiros, Jorquera, ou Juan Díaz Villoslada, o ex concelleiro de urbanismo, que lamentou “a renuncia do goberno municipal da Coruña a liderar o proxecto díante de Adif ou a A.P.”
Máis novas
As “luces e sombras” do Master Plan da reforma da fachada marítima que explican a abstención do BNG
Garante o protocolo da Fachada Marítima a titularidade pública do terreos portuarios de San Diego?