InicioSOCIEDADEDelegados da CIG concentráronse pola recuperación salarial e de dereitos no sector...

Delegados da CIG concentráronse pola recuperación salarial e de dereitos no sector público

Publicada o

Por editor

Delegadas e delegados da CIG nas Administracións Públicas concentráronse este xoves na Coruña diante da Delegación do Goberno para reclamar medidas que revertan o “empobrecemento” dos salarios do persoal empregado público, que nos últimos quince anos perderon máis do 20% da súa capacidade adquisitiva.
A protesta desenvólvese no contexto de negociación dos Orzamentos Xerais do Estado, “na que non se está a falar dos nosos salarios”, polo que a CIG lle reclama ao Goberno español que convoque xa a Mesa Xeral das Administracións Públicas.

O secretario nacional da federación, Luis Carballo, lembrou que “os acordos asinados por CCOO, UGT e CSIF nos últimos anos nas administracións públicas contribuíron a esta perda de poder adquisitivo” e apuntou que “moitas traballadoras e traballadores públicos só viron aumentadas as súas retribucións porque os seus salarios subiron coa alza do SMI”.

“O Goberno do Estado permite que o seu persoal cobre as retribucións mínimas, o que demostra o empobrecemento ao que está chegando o persoal ao servizo das administracións públicas”, aseverou.

Redución da xornada laboral

Xunto ás cuestións económicas, a CIG-Administración defende o estabelecemento real da xornada laboral a 35 horas semanais en 2025 e avanzar cara ás 32 horas en 2026.

Máis concentracións

As protestas continuarán todos os xoves do mes de marzo, trasladándose en cada ocasión a unha provincia. Así, o día 6 de marzo farase mobilización ás 11h diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, a semana seguinte na Subdelegación de Ourense e o xoves 20 haberá concentración na Subdelegación de Lugo.

ÚLTIMAS

Comezan os preparativos para os concertos no peirao de Calvo Sotelo

O peirao de Calvo Sotelo permanece pechado ao acceso público con motivo do comezo...

A Xunta e o Concello acordan a protección definitiva da Torre de Hércules como espazo natural

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores a orde pola que se...

A transición enerxética no mar pasa polos combustibles verdes: a UDC avalía as opcións máis sostibles

Un estudo do investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI)...

Un veciño da Coruña, investigado por estafa nunha rede internacional

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a un veciño da cidade...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here