InicioA CORUÑAA música galega contemporánea volverá ser protagonista do Atlantic Pride

A música galega contemporánea volverá ser protagonista do Atlantic Pride

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Xa o ano pasado puidemos ver artistas do país como Catuxa Salom, Eris Mackenzie, Lontreira ou O Rabelo sobre o escenario do Atlantic Pride. De feito, a edición de 2023 foi unha das primeiras citas que vibraron coa revolución das Fillas de Cassandra.

Neste 2025, a música galega contemporánea volverá ter un protagonismo especial na 6ª edición do Festival do ‘Orgullo do Norte’, que se celebrará na Coruña do 6 ao 13 de xullo de 2025.

Tralas primeiras confirmacións, o festival avanza as novas artistas que formarán parte do cartel: De Ninghures, Coolnenas, Agoraphobia, Alana, LERIA, ELBA e Rivadulla.

O domingo 6 de xullo, as bandas encargadas de dar o pistoletazo de saída á nova edición do Atlantic Pride na Praza de Pontevedra serán De Ninghures e Coolnenas. De Ninghures, que xa triunfaron no Festival dos Medios en Galego, é unha das formacións referentes da potente e rica escena actual en Galicia. A banda nada arredor da Foliada da Fonsagrada pero con xentes de Compostela ou Bergantiños, presentará ao vivo os temas do seu novo álbum, Feira, que viu a luz o pasado mes de febreiro.
Mentres, as Cool Nenas presentará a súa particular rave de debuxos animados que está a revolucionar o concepto de dj set alí por onde pasan. 

Coolnenas ao Atlantic Pride
Coolnenas

O luns 7 de xullo, a cantante e produtora santiaguesa ELBA fará a súa aparición no Atlantic Pride a golpe de sintetizadores, voces atmosféricas e elementos operísticos que dan vida á súa electrónica pop de vangarda.

Xa o martes 8 de xullo, chegaralle a súa quenda a Agoraphobia e máis a Rivadulla. A banda de rock alternativo nada en Boiro regresou o pasado mes ás ondas con Eyes Never Lie, o primeiro avance do seu novo álbum, que o público do Atlantic Pride poderá escoitar ao vivo no escenario da Praza de Pontevedra.
Pola súa parte, Rivadulla, canteira de Monte Alto, traerá o seu pop dos 2000, mesturado coa música electrónica con toques indies e o trap, nun concepto que o propio artista define como “parkineo marika”.

Alana_augasalgada1
Alana

Pola súa banda, o mércores 9 de xullo, Alana (formado por Antía Vázquez (Oleiros), Pablo Castro (Vimianzo) e Eloy Vidal (Ponteceso)) amosará a súa música tradicional galega con ritmos de base electrónica e pop, nun proxecto novo, diverso e cunha potente posta en escena, vinculada coas raíces e o baile.
Finalmente, esa mesma noite, as herculinas LERIA, despois do seu éxito no Aquí tamén se fala e no Festival dos Medios en Galego deste ano,  fará gala sobre o escenario do Atlantic Pride da súa celebrada música indie na nosa lingua, cun directo sólido, enérxico, intenso e divertido a partes iguais, onde o público pode tanto desfrutar dos seus temas máis íntimos como festexar con aqueles máis bailables.

Foto Leria banda Coruna
Leria

A cita, que na súa pasada edición reuniu a máis de 25.000 persoas, está impulsada pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO- e o Concello da Coruña e conta co apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio principal de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic.

Máis novas do Atlantic

Edurne, Nia e Merche entre os primeiros nomes confirmados do Atlantic Pride 2025

O Atlantic Pride pasa das raíces de Catuxa Salón aos Xardíns de Méndez Núñez

A música urbana galega abriu o Atlantic Pride

As Fillas de Cassandra ou o destape da música tradicional galega

ÚLTIMAS

Dous Combinados da AFAC e das Mariñas participarán nun Torneo Solidario no Fútbol da Costa

Acodía o presidentda Asociación de Clubs de Fútbol da Coruña (AFAC), Juan Vázquez, (Toño...

A Coruña acolle este sábado unha nova edición do programa solidario ‘A Radio Conta’

A Coruña acolle este sábado, día 27, unha nova edición do programa solidario 'A...

Máis de 200 persoas benefícianse dun programa da Asociación de Loita contra as Enfermidades do Ril na Coruña

Un total de 225 persoas con enfermidade renal crónica resultaron beneficiarias dun programa da...

O BNG esixe no Congreso garantir o funcionamento nocturno do aeroporto de Alvedro

O deputado do BNG no Congreso Néstor Rego rexistrou iniciativas para reclamar ao Goberno...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here