InicioBARRIOSMonte Alto pediu máis intermodalidade e frecuencias no servizo de transporte urbano

Monte Alto pediu máis intermodalidade e frecuencias no servizo de transporte urbano

Publicada o

Por editor

Monte Alto acolleu esta tarde un novo, o cuarto de 11, encontro participativo sobre o futuro do autobús urbano da Coruña.

Arredor dunha teintena de persoas participaron no encontro no que a alcaldesa Inés Rey estivo acompañada dos concelleiros José Manuel Lage, Noemí Díaz e Yoya Neira. Parte do equipo técnico do estudo do transporte urbano presentou o informe básico realizando unha dinámica participativa na que as persoas asistentes puideron achegar propostas sobre frecuencias, liñas, accesibilidade, conexións intermodais ou cobertura territorial.

O distrito conta con aproximadamente 30.762 habitantes articúlase en 10 liñas de autobús urbano (3, 3A, 4, 5, 6, 6A, 7, 11, 17) máis o BUH e cun total de 38 paradas.

Prezos ok; frecuencia mal

Como nos anteriores encontros, os prezos foron o elemento mellor valorado, cunha media de 8,6 puntos. Con todo, respecto ao resto de encontros, case todas os aspectos foron puntuados por enriba de 5: marquesiñas (6,3), accesibilidade (6,1), liñas e paradas (6.1) e a frecuencia dos servizos (5.5).
A intermodalidade foi o aspecto peor valorado (3,9), así como o único que non acadou a metade da escala.
Neste sentido, a cidadanía identificou como ámbitos prioritarios de mellora a intermodalidade con outros medios de transporte (28%), a frecuencia e tempo de espera dos autobuses, seleccionada por un 24% das persoas participantes seguida da adaptación a eventos masivos (11%).

Próximos encontros

O vindeiro martes, 6 de maio ás 18.30 horas, terá lugar o seguinte dos encontros. O quinto dos 11 programados polo Concello ate o mes de xuño, co obxectivo de recoller unha ampla representación das voces da Coruña. O calendario previsto é este:

  • 6 de maio: Centro Cívico de Monelos
  • 20 de maio: Centro Cívico do Birloque
  • 29 de maio: Centro Cívico dos Rosales
  • 5 de xuño: Fórum Metropolitano
  • 10 de xuño: Centro Cívico de Eirís
  • 12 de xuño: Centro Cívico de Elviña
  • 14 de xuño: Circo de Artesáns

As persoas interesadas en participar nalgún ou nalgúns dos once Encontros de Barrio programados ata mediados de xuño xa poden formalizar a súa inscrición a través desta ligazón. Ademais, toda a información sobre o proceso participativo estará dispoñible nesta web específica.

Máis novas

A veciñanza do Castrillón pide un “modelo baseado en transbordos e liñas curtas con boa frecuencia”

Gran interese no primeiro encontro participativo para deseñar a nova rede de bus urbano en Mesoiro

O uso do bus urbano medrou un 20% nos últimos 5 anos

ÚLTIMAS

Dous voos con destino a Coruña desviados pola néboa

Un voo con destino A Coruña procedente de Madrid tivo que ser desviado a...

A Coruña anulará os acordos de 1962 que facilitaron o paso da Casa Cornide á familia Franco

O Concello da Coruña levará ao pleno da próxima semana a anulación de dous...

Inés Rey tras as protestas por Ceuta: “A solidariedade non é envolverse nunha bandeira”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, criticou este xoves a presenza do presidente da...

Prisión para un home acusado de tentar matar outro tras apuñalalo en Cambre

Un home ingresou en prisión como presunto autor dun delito de homicidio en grao...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here