InicioDEPORTES“Cousas nas que pensar”

“Cousas nas que pensar”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro
  • Xornada 37 – Racing de Santander 2 – Deportivo 1
  • Despois de nove xornadas chegou á derrota o casilleiro branquiazul.
  • Vixésimo quinto encontro de Oscar Gilsanz como adestrador do Depor  (10V 10E 5D).

— — — 

Despois do ano que levamos a parroquia branquiazul é un verdadeiro pracer chegar ao mes de maio con case todo resolto. Se ben é certo que os 50 puntos cos que conta o equipo hoxe en día soen ser signo de salvación (nas últimas 15 tempadas, só dous equipos baixaron con 50 puntos, Cádiz tempada 09/10 e Mirandés, tempada 13/14 e só un equipo baixou con 51 puntos, Deportivo na tempada 19/20 ) faría ben o Depor en asegurar un par de vitorias máis para espantar calquera pantasma.

De feito, parece claro pensar noutras cousas mentres rematamos a faena. Afástase a posibilidade de xogar playoff, a pesares dese colega no grupo do WhatsApp deportivista que aínda soña con esa posibilidade, e por abaixo parece que non debería pasar nada fóra do normal xa que dous equipos están descendidos ou case (Cartagena e Ferrol), outro teno bastante escuro (Tenerife) e o Eldense pelexará co Zaragoza a última praza de descenso.

Así as cousas, o Dépor pode pensar noutros avatares e, de feito, xa leva varias semanas facéndoo. Renovados Ximo Navarro (ate 2026), Diego Gómez (ate 2030), Yeremay, Mella (ate 2029) e Dani Barcia (ate 2028) e dando por feita a saída do canario deixando unha morea de cartos nas contas do club, todo pinta a favor para adiantar decisións con cedidos e ir renovando as pezas claves deste tempada. É necesario atar a Helton Leite e Pablo Vázquez e comezar a firmar xente para o resto do equipo. Fai falla un dianteiro do nivel de Segunda, medios centros do tipo “pulmón” e fai falla un recambio de garantías para Yeremay.

miguel barreiro

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

 

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR DE MIGUEL BARREIRO

ÚLTIMAS

A Valedora do Pobo pídelle a Xunta que protexa os murais de Lugrís na Coruña

A Valedora do Pobo requiriu á Xunta para que informe sobre os murais de...

O comercio de alimentación da Coruña ameaza con levar a folga ao Nadal

O persoal do comercio de alimentación da provincia da Coruña mobilizouse este martes na...

A IX edición de INTERSECCIÓN reúne 27 filmes de 22 países en cinco días

Xa está marcha INTERSECCIÓN – Festival Internacional de Cine da Coruña, cunha completa programación...

O Concello da Coruña abre este martes a inscrición para a súa Escola de Participación con 400 prazas

O Concello da Coruña abre este martes o prazo de inscrición para unha nova...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here