InicioA CORUÑAO EMHU, para todos os públicos e idades

O EMHU, para todos os públicos e idades

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Rematou o Encontro Mundial de Humorismo da Coruña. A V edición do festival trouxo á cidade a grandes figuras da escena estatal como Faemino e Cansado, Ana Morgade, Goyo Jiménez, Xosé A. Touriñán, Alex Clavero, ou Henar Álvarez.

Faemino y Cansado en EMHU © Leo López 12 copia
Faemino y Cansado en EMHU © Leo López

Pero ademais da calidade da proposta, esta edición do festival tratou de coidar a toda clase de públicos, tanto de idades como de estratos sociais.

Así se viviu durante a mañá do sábado, onde en apenas 200 metros, máis de 2.000 persoas de todo tipo gozaban de dous espectáculos tan distintos como complementarios.

20250403 La ruina © Leo López 4 copia
La Ruina colgou o cartel de non hai entradas no Palexco © Leo López

No auditorio Gaivota Palexco, un dos podcast máis seguidos de todo o estado, La Ruina, congregaba a máis de 1.450 espectadores. Xente nova, asiduos das redes sociais, de corte progresista, riron escoitando as “ruinas” tanto de varias persoas do público, como do invitado especial dos cataláns Ignasi Taltavull e Tomàs Fuentes , que non podía ser outro que o humorista coruñés e director do festival, Luís Piedrahita.

La ruina con Luis Priedahita © Leo López
La ruina con Luis Priedahita © Leo López

Á mesma hora, o Teatro Colón acollía unha obra para toda a familia. E para todas as clases de familias. Porque o espectáculo do “Show da Fantasy House”, que vivía a súa estrea absoluta, xuntou máis de 800 persoas de todo tipo, chegadas mesmo de Asturias, Baleares ou Cataluña. O show, liderado polos youtubers Animalize21 e AlesGF, demostrou que o Youtube non sabe de estratos sociais.

As crianzas do teatro sabían cada unha das cancións dos 4 persoeiros, que trouxeron un espectáculo de moito chundachunda pero cunha historia bastante cativa. Así e todo, os concursos co entregado público, e a súa aposta polo humor máis básico, case ao estilo Buster Keaton, sacou as risas tanto de nen@s como de nais e pais.

20250403 El Show de la Fantasy House © Leo López 4 copia
El Show de la Fantasy House © Leo López

 

 

 

ÚLTIMAS

Aspanaes inaugura na Coruña un novo centro de atención temperá e psicoeducativo para menores con autismo

Representantes de Aspanaes -- entidade de apoio a persoas con autismo e as súas...

Un coche acaba no tellado dun alpendre tras saír da vía e atravesar varias fincas

Dúas persoas resultaron feridas este sábado tras saírse da vía o turismo no que...

A Coruña atribúe á zona tensionada a contención do alugueiro e reclama á Xunta todos os datos dos contratos

O Concello da Coruña sostén que a declaración da cidade como zona de mercado...

Dúas persoas resultan feridas ao caerlles unha árbore enriba na rúa Barcelona

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres na Coruña despois de que unha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here