InicioCULTURAAs “maquis” Filomena e Dolores, as coruñesas combatentes da Resistencia Francesa

As “maquis” Filomena e Dolores, as coruñesas combatentes da Resistencia Francesa

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Estes días toda Europa celebrou o fin da II Guerra Mundial, pero aínda hai moitas historias que cómpre rescatar. Esa é a idea de Kike Benlloch, que vén de publicar un interesante artigo, “aberto”, na Revista Nalgures, da A.C. Estudios Históricos de Galicia, sobre a presenza de “Galegos na Resistencia Francesa” (páx.155), nunha edición presentada no Casino o pasado xaneiro.

Falamos dos tempos trala caída da República no República, cando hai unha avalancha de refuxiados á zonas de Francia que xa tiñan vínculos con Aragón, Cataluña… antes do conflito bélico. Pero esa marea foi tratada como gando, metidos en campos de concentración franceses, custodiados por xendarmes e soldados africanos, preto das praias, en situacións hiperprecarias, e facendo traballos esclavos. Moitos morreron mentres comezaba a espallarse unha campaña internacional que entendía aos republicanos españoles, como xente miserablea que “comían os cans”. Cando Alemaña toma francia, os resistentes galegos saben o que vén, e foxen dos campos e bótanse ao monte, algúns uníndose á estrutura da resistencia francesa, e outros dirixiron e activaron a resistencia nos montes da zona.

No marco desa complicada tesitura, Benlloch sinala que ”hai moi pouca información, paupérrima e fragmentada”. Por iso entende necesaria esta recollida de memoria. “A meirande xente que combatiu morreron aos 30, non deixaron fillos, os seus pais foron morrendo, e non quedou ninguén que poida contar a súa historia. Imaxina, péganlle un tiro a unha chavala galega de 27 anos nun monte francés. Que imos saber dela?”, reflexiona invitando a seguir investigando. “Espero que haia outras persoas investigadoras que poidan completar esta información”, deixando claro que esta clase de colleita de nomes e de pequenas pero grandes historias. “O artigo non é un artigo definitivo, é un artigo aberto”.

Combatentes, non vítimas

Neste caso, e quitando o enfoque de vítimas, Benlloch pon o foco en 30 persoas combatentes galegas que estiveron na resistencia francesa. “O meu artigo non vai de vítimas. Estamos acostumados de aproximarnos a esta xente como tal, pero creo que óptica debe ser a de pensarmos en combatentes, de xentes que loitou, xentes morreron e outros sobreviviron, ata acabar liberando alemaña cos EEUU”, explica.

Debulla as 30 persoas que recolle en dous perfís: “o irregular e autodidacta, que se foi ao monte e se foi unindo á guerrilla; e por outro lado hai militares de carreira, que interviron en accións de combate na IIWW, e outros que participaron en Intelixencia no Norte de áfrica. Estes xa sabían o que se viña enriba, porque xa o viviran en Cambados, Ribeira… e xa sabían o que ía pasar en Francia”, explica.

No Xornal da Coruña queremos destacar o papel de dúas coruñesas que si pasaron algo máis polos papeis: Filomena Biencinto Naya e Dolores Pérez-Tilkin.

Dolores Pérez-Tilkin (1910-2007)

Son dous casos distintos ademais. “O de Dolores é un caso particular, porque dela si podemos saber algo”, avanza Benlloch. “Ela desvinculouse da Coruña moito antes, porque seus pais xa emigraran antes do comezo do conflito, a Francia, e cando todo pasou ela xa estaba asentada alí. Cando alemaña invade Francia o seu home é mobilizado, e unha vez que se ve soa, é unha das fundadoras da resistencia na súa zona, facendo de todo, participando en imprentas clandestinas que lanzaban pasquines combativos, en cadeas de fuxidas de xente represaliada… ata que a GESTAPO arresta aos seus pais, torturan á familia para que canten, e ela bótase ao monte, cos maquis, convertíndose en guerrilleira e participando na liberación de Toulouse.

Reencontrouse co seu esposo ao concluir a contenda, época na cal, ao servizo da seguridade militar e como intérprete de castelán, e participou na repatriación de deportados, especialmente de españois procedentes do campo de concentración de Mauthausen. Foi nomeada Cabaleira da Lexión de Honra e Oficial da Orde Nacional do Mérito”. “Nunca tiven medo”, chegou a declarar nas homenaxes que lle renderon posteriormente.

”Por iso si que atopamos algunha foto de Dolores, xa que en Francia si que recibiu un recoñecemento formal por parte da República, tratando aos galegos recoñecidos como Héroes nacionais, algo que nunca se fixo aquí”, critica. “Aquí nunca houbo ese proceso de recuperación”, lamenta poñendo en valor “a memoria que pervive aínda na medianía arredor de Toullouse, e gracias ao consenso antifascista, que xa se está a piques de quebrar, hai museos da resistencia por todas partes”,

Filomena Biencinto Naya (n. 1905)

Da que se sabe aínda menos é de Filomena Biencinto Naya. “Non sabemos case nada dela, e mesmo hai traballos de investigación moi potentes que non recollen os seus nomes. Dela só sabemos que xunto con outras catro españolas (Regina Arrieta, Dolores Clavero, Rosita Gil e Rosita Udave) estivo destinada na brigada da Alta Garona, departamento limítrofe con Aragón e Cataluña e cuxa capital é Toulouse”, explica Benlloch no texto da revista, reiterando a invitación a investigar máis a fondo: “Por iso eu o que quero é lanzar pistas, para que outros investigadores sigan investigando do fío, por exemplo na zona de Cariño e de Ferrol, é incrible a labor heroica de moita da súa xente, que se metían en chalupas fuxindo cara o norte de África, para enrolarse na resistencia, facendo o camiño contrario das pateras de hoxe en día”, avanza.

Máis novas

Asociación Cultural de Estudos Históricos de Galicia presentou o novo número da revista Nalgures

Chisco Fdez. Naval: “Meus fillos tiñan que saber”

A ARMH instala 10 novos stolpersteine lembrando víctimas do fascismo

ÚLTIMAS

O colexio coruñés da Sagrada Familia tamén gaña o Premio Dígocho Eu de Ouro

Ademais do Premio Mil Primaveras, o proxecto proxecto "Vitamina G" do CEIP Sagrada Familia...

Concello e Goberno Central, e a Xunta, lánzanse as responsabilidades sobre os cooperativistas de Xuxán

Continúa a problemática dos cooperativistas de Xuxán. O que apenas hai 3 meses era...

Inés Rey destaca a ordenanza municipal sobre pisos turísticos: “Hai que pedirlle á Xunta que cumpra a lei”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou a ordenanza municipal aprobada para regular os pisos...

Lembran que as bases estratéxicas do Plan Coruña Marítima volve omitir a titularidade dos terreos

Xa dimos conta da pantomima disfrazada de participación cidadá vivida o pasado venres no...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here