InicioDEPORTESPretempada branquiazul

Pretempada branquiazul

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • Xornada 40 – Deportivo 2 – Granada CF 3
  • Dia de festa branquiazul tan só escurecido polo xogo do equipo e polo resultado final.
  • Vixésimo oitavo encontro de Oscar Gilsanz como adestrador do Depor  (11V 10E 7D).

— —- —

O Dépor leva un mes xusto pensado na seguinte tempada 25/26. Verse có obxectivo cumprido no mes de abril xogoulle unha mala pasada aos nosos futbolistas. Estaba claro que o único que era obrigatorio cumprir este ano era a salvación do equipo, así o amosa a configuración da plantilla e o rendemento que se puido sacar dos futbolistas, pero ben podíase pelexar ata ao final por algo máis na clasificación que animara aos afeccionados a comezar a tempada que ven con ilusións de ascenso .

Levamos un mes con catro partidos xogados e con tres derrotas pola mínima (Racing, Sporting e Granada) e en ningunha delas o equipo fixo por gañar estes partidos. O premio final foi o partido do sábado pasado co Granada na que se lle regalan dous goles ao rival cunha fraxilidade defensiva alarmante e pouca presión e concentración coma notas xerais do equipo. Ben é certo que se chegaba con xogadores importantes lesionados para o que restaba de tempada coma Barcia, Mella, Ximo Navarro e, certo tamén, que os importantes baixaron o nivel de exixencia, coma Yeremay, Villares, Pablo Vázquez… Se a iso lle sumamos que os que menos xogaron durante o ano e que foron entrando nestes encontros pouco ou nada aportaron (Herrera, Mfulu, Tosic, Genrau, Petxarroman..) danos coma resultado que levamos un mes adiantado de pretempada.

De feito, estanse a tomar decisións políticas coma a suplencia de Pablo Martínez para non renovar, que indican que xa estamos pensando máis no que ven que no que estamos. Tamén hai premio para Germán Parreño e minutos para Escudero….

Toda estas cousas, só teñen un damnificado que é Oscar Gilsanz. Levar un mes sen obxectivos, lonxe de ser boa noticia, está a xogar na súa contra porque da tempo a moita planificación e algo me di que el non está nas quinielas para o ano que ven. Un mes de salvación asegurada non é suficiente para recibir unha proposta de renovación do club. É máis, xa soan nomes doutros adestradores e a resposta dende o club non é directa, todo o contrario, todo indica que o míster está desfrutando dos seus últimos encontros coma adestrador do primeiro equipo.

Pouca intensidade no campo, pouco ritmo de competición, erros e regalos por igual, premios para xogadores… todo moi típico de partidos de verán.

miguel barreiro

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

 

Máis novas

Lamentan que non se permitise a entrada a Riazor dunha faixa co lema “O Dépor é da Coruña”

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR DE MIGUEL BARREIRO

ÚLTIMAS

Feijóo reúne ao PP na Coruña para fixar a estratexia de 2026 e aumentar a presión sobre Sánchez

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, convocou para os días 10 e 11...

Importante impacto da folga de autobuses interurbanos

Os profesionais do servizo de transporte de viaxeiros e viaxeiras por estrada na provincia...

As familias do CEIP Concepción Arenal apoian as demandas do seu profesorado ante a falta de persoal coidador

Onte era o profesorado o que se plantaba e non acodía ás aulas. Hoxe,...

O Mercado de Monte Alto abrirá as súas portas o vindeiro mércores 10

Xa hai data confirmada. O vindeiro mércores 10 de decembro, o novo Mercado municipal...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here