InicioCULTURAA actriz herculina Lucía Veiga, nova presidenta da Academia Galega do Audiovisual

A actriz herculina Lucía Veiga, nova presidenta da Academia Galega do Audiovisual

Publicada o

Por editor

Lucía Veiga convértese na novena presidenta da Academia Galega do Audiovisual e a terceira muller en ocupar o cargo. A actriz, humorista e presentadora de televisión herculina, colle o relevo de Álvaro Pérez Becerra.

Lucía é coñecida polas súas aparicións en populares programas de TVG como Malicia noticias, Luar e Malo será,  e por papeis en series como Rapa, Vivir sin permiso, Serramoura ou El desorden que dejas. Foi nominada aos Premios Goya polo seu papel en Soy Nevenka, filme de Icíar Bollarín e gañou tres Premios Mestre Mateo consecutivos polos seus traballos como comunicadora no programa Malicia noticias, e como actriz na serie Rapa e no filme As Neves.

“Estou moi agradecida pola confianza que deposita en min esta Xunta Directiva para encabezar a candidatura, e polo apoio da Asemblea. Son consciente do reto, das tarefas e da responsabilidade, e, con esa vertixe que da o descoñecido, tentarei, tentaremos estar á altura. A Academia Galega do Audiovisual ten na súa man o deber de traballar por un sector plural no que conflúen profesionais moi diversos, e o consenso é fundamental e ao tempo complicado. Só escoitando a todas a partes e integrando as necesidades pode conseguirse representar a un colectivo como este. Os meus obxectivos principais son continuar na liña do diálogo e de acordo aberta polas xuntas anteriores, e que as persoas asociadas perciban o valor que lles aporta esta institución, que se sientan representadas”, apunta Lucía Veiga.

A actriz estará acompañada na xunta directiva por profesionais de recoñecido prestixio do sector audiovisual. Incorpóranse a maquilladora e perruqueira Fani Mosqueira, o director de produción Javi Lopa, e os produtores Sara Horta e Xosé Manuel Barreira.

Repiten como membros da directiva as actrices e directoras Carmen Méndez e Saamira Ganay, a directora e produtora Anxos Fazáns, a script e produtora Alba Gallego e o distribuidor e exhibidor Milo Baños. Esta é a Xunta directiva con maior representación feminina de todas as directivas da Academia.

As liñas da nova directiva

Entre as liñas mestras do mandato da nova directiva estarán dar continuidade do traballo feito polas directivas anteriores para que a Academia sexa un lugar de encontro do sector audiovisual galego, que aglutine a todos os oficios que participan no mesmo.

Outro dos obxectivos será reforzar o papel da Academia como institución cultural vertebradora avanzando na cooperación entre administracións públicas e fomentando as alianzas entre as entidades representativas do sector.

A xunta directiva reforzou a idea de traballar en prol dun audiovisual máis diverso, seguro e integrador, especialmente nos proxectos en marcha, pero tamén impulsando novas iniciativas, coa vista posta na celebración do 25 aniversario da Academia en 2027.

 

 

ÚLTIMAS

Denuncian o silencio da promotora Bring The Noise cunha concentración a entrada do Morriña Fest

Varios colectivos, entre eles o colectivo BDS Galiza, sumáronse á convocatoria cidadá de concentración...

Chega o programa das Festas de María Pita

A unha semana de agosto, e esperando aínda o cartel do Festival Noroeste (aseguraron...

Denuncian despedimentos na planta de Resonac na Coruña e convocan un calendario de protestas

O comité de empresa de Resonac Graphite na planta da Coruña denuncia que a...

Movemento Sumar Coruña cualifica de “inxustificable” o derrubo das 38 vivendas de Monte Mero

O grupo acusa a Inés Rey de complicidade co modelo especulativo da Xunta. ---...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here