InicioCULTURAChega o Festival #Aquítaménsefala co mellor da escena musiqueira galega para a...

Chega o Festival #Aquítaménsefala co mellor da escena musiqueira galega para a mocidade herculina

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Volve o alumnado do IES Rafael Dieste facer historia da posta en valor da ligua galega no país coa organización profesional da segunda edición do Festival #AquíTaménSeFala. Este venres 13 de xuño, dende as 17:00h da tarde, a música galega contemporánea fará estoupar de enerxía a Praza da Tolerancia, demostrando que a mocidade de Labañou, a Agra do Orzán e de toda a Coruña tamén fala galego.

Porque este movemento, formado por rapaces de todo o planeta, é capaz de todo con esta campaña de normalización, ata de cambiarlle o nome ao Dépor.

Tralo rotundo éxito da edición do ano pasado, a organización escolleu unha maridaxe entre bandas emerxentes e bandas asentadas no panorama galaico. Se o ano pasado foi Boyanka Kostova un dos grupos máis liantes, este ano é Ortiga (unha das dúas medias laranxas de Boyanka) o cabeza de cartel, coas súas cumbias e ritmos máis trapeiros.

Outra das bandas participantes é Alana, un dos mellores exemplos do actual movemento tradi, formado por Antía Vázquez (Oleiros), Pablo Castro (Vimianzo) e Eloy Vidal (Ponteceso).

Tamén estará a banda coruñesa PAVA, liderada por Lucía Aldao, e acompañada por Analís á batería, Pablo Silva á guitarra e David Santos, lanzará moitos dos seus temas máis popeiros do disco PAVA 3, publicado a finais de ano.

Con todo, os primeiros que subirán ao escenario da Tolerancia ás 17:00h da tarde será a novísima banda compostela Ulex, que cos seus ritmos máis punkeiros demostraranlle á rapazada que é posible saír da habitación a un escenario.

Teremos que agardar cal será a actuación sorpresa que actuará ás 21:30 entre Alana e Ortiga… Pero a festa pangalaica, que diría Xurxo Souto, está garantida!

Horarios

Así foi a primeira edición

En Labañou tamén se fala galego

Máis novas

O IES Rafael Dieste segue facendo historia da normalización co II Festival #Aquítaménsefala

Aquí tamén se fala segue colleitando apoios para normalizar o nome do Dépor

Por que o #Aquítaménsefala trascende o IES Rafael Dieste

Outras novas

A música galega contemporánea volverá ser protagonista do Atlantic Pride

Pepe Cunha, 25 anos á fronte do mellor programa de música galega contemporánea, “Ábrete de Orellas”

ÚLTIMAS

As doce obras dos murais de Lugrís na rúa Olmos, declaradas definitivamente BIC

A Xunta concluíu a declaración dos murais de Lugrís da rúa Olmos como ben...

As familias de Celas critican a falta de concreción da súa senda peonil

Despois da marcha reivindicativa desenvolta no mes de setembro, a veciñanza de Celas de...

Alertan da intención municipal de abrir o transporte público á competencia privada

A irrupción dos vehículos verdes de Bolt na cidade fan reflexionr sobre a falta...

Antonio Fernández Amil publica “¡Viva Santa Eulalia!”

Antonio Fernández Amil, vigués afincado na Coruña dende hai anos, vén de lanzar unha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here