InicioA CORUÑAA Coruña a través dos seus fanzines: un percorrido pola autoedición herculina...

A Coruña a través dos seus fanzines: un percorrido pola autoedición herculina na Biblioteca de Estudos Locais

Publicada o

Por monchomarino

A Biblioteca de Estudos Locais da Coruña acollerá este mércores de 17.30 a 20.30 horas, unha nova proposta impulsada por Autobán, coa colaboración do Concello da Coruña, que analizará e poñerá en valor a autoedición desde diferentes prismas e accións e da man de grandes profesionais do sector, como Emma Ríos, Luis Yang, Gemma Pérez Feijoó e “Yupiyeyo”, entre outras figuras galegas do universo do fanzine.

En palabras de Autobán, con esta actividade “queremos celebrar a nosa constante colaboración coas bibliotecas da cidade, en especial, coa Biblioteca de Estudos Locais, que fai un traballo enorme apoiándonos no Premio Autobán –que neste 2025 celebra a súa segunda edición– e desenvolve unha actividade fundamental: a creación da Fanzinoteca Municipal”.

Desde xeito, nesta xornada titulada ‘Panorama do Fanzine Galego’ o público poderá asistir, de balde, a tres actividades nunha mesma tarde: a presentación das obras gañadoras do Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego 2024, cos autores Luis Yang e Gemma Pérez; a presentación e a visita á Fanzinoteca da BMEL, que recolle na Biblioteca de Estudos Locais da Coruña exemplares representativos da creatividade galega e coruñesa; e un faladoiro sobre autoedición na Coruña, da man de relevantes fanzineiras e fanzineiros de orixe galega e de diferentes xeracións e proxeccións.

ÚLTIMAS

A UDC acolle das xornadas de AMEGA sobre o futuro dos medios de comunicación

Os medios de comunicación viven unha transformación profunda marcada pola intelixencia artificial, os novos...

A exsubdelegada do Goberno na Coruña María Rivas postúlase para liderar a lista do PSOE na provincia

A exsubdelegada do Goberno na Coruña e actualmente directora do Plan Estratéxico da cidade...

O Concello da Coruña lanza unha campaña para animar aos mozos a falar de saúde mental sen prexuízos nin medo

O Concello da Coruña vén de lanzar unha campaña municipal para achegar a conversa...

SKPMotor viaxa a Ourense e Ferrol para coñecer a dous campións

Continúa a nova tempada do motor sendo recollida no mellor programa da provincia: SKPMotor...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here