InicioMOV. SOCIAISPiden unha rúa na Coruña a Pedro Zerolo no décimo aniversario do...

Piden unha rúa na Coruña a Pedro Zerolo no décimo aniversario do seu pasamento

Publicada o

Por editor

Coincidindo co 20 aniversario da aprobación da Lei de Matrimonio Igualitario, e cos 10 anos do pasamento de Pedro Zerolo, as entidades Asociación Palestra, LesCoruña, Corufest, Fundación 26 de Decembro, CASCO (Comité AntiSida de A Coruña), Poten100mos e Fundación Pedro Zerolo, están creando unha campaña para conseguir que a Coruña lle dedique unha rúa ao activista LGTBIQ+.

Están realizando unha colleita de sinaturas para que a Comisión de Honras do Concello da Coruña valore a inclusión no rureiro dun dos principais impulsores xunto con outras persoas activistas de todo o Estado, situou España á vangarda mundial no recoñecemento dos dereitos das persoas LGTBIQ+.

Lembran que Zerolo foi activista, socialista, republicano, laico, feminista… un loitador incansable na defensa dos dereitos das persoas LGTBIQ+, das mulleres, das persoas migrantes, das minorías étnicas, dos dereitos do pobo xitano e das persoas con discapacidade. Tamen loitou contra o VIH-Sida como embaixador de Onusida para América Latina e o Caribe e, en definitiva, por todas as persoas discriminadas.
Foi un activista da igualdade, sempre comprometido co cambio social, tanto desde o activismo como desde a política institucional, espazo que el consideraba “o lugar onde podemos facer realidade as utopías”. Enfrontaba os retos máis difíciles con determinación, convencido de que “só a sociedade podería gañar se eramos valentes nas nosas ideas”.

Nado en Caracas (Venezuela) no ano 1960, onde a súa familia se atopaba exiliada, regresou de mozo ás Illas Canarias e estudou Dereito na Universidade da Laguna. Licenciado nesta disciplina, decidiu exercer a súa profesión nas rúas e desde que se instalou en Madrid enfocou o seu traballo á loita contra a discriminación legal do colectivo LGTBIQ+.
Foi quen de reunir a diversos colectivos baixo unha mesma entidade, a Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais (FELGTB, hoxe FELGTBI+), cuxa presidencia asumiu entre 1997 e 2003. Esta unidade foi clave para acadar a aprobación do matrimonio igualitario. Naquel momento, “Milhomes”, o colectivo LGTBIQ+ da cidade da Coruña, formaba parte da FELGTB e tamén puxo o seu gran de area nesta conquista histórica.
Ademais de ser un dos artífices da Lei de Matrimonio Igualitario (2005), Zerolo xogou un papel destacado na Lei de Identidade de Xénero (2007), na Lei de Igualdade de Trato e Non Discriminación e na defensa do dereito ao voto das persoas migrantes nas eleccións locais.

“Por unha vez na vida, España chegará puntual á cita coa igualdade”, foi unha das súas frases máis recordadas con motivo da aprobación da Lei de Matrimonio Igualitario.

Máis novas

ALAS A Coruña recibiu o II Premio Tomás Fábregas polo seu compromiso na loita contra a LGTBIfobia

A asociación LGTBI+ Alas Coruña recibiu o premio Pedro Zerolo

ÚLTIMAS

Os Premios Youtubeiras+ xa teñen gañadoras e gañadores

O Teatro Jofre de Ferrol acolleu este pasado sábado a IX edición dos Premios...

Aterraxe de emerxencia dun voo privado a Casablanca en Alvedro por un problema de osíxeno na cabina

Un voo privado con destino a Casablanca (Marrocos) aterrou de emerxencia pasadas as 13.40...

Unha avaría obriga a deter un AVE entre A Coruña e Madrid en Ourense e provoca un atraso de 3 horas

Unha incidencia técnica, sobre a que Renfe non deu máis detalles, obrigou a deter...

Apolo18, a nova banda herculina que rompe cos sons reinantes na Xeración Z

Levan apenas un ano e medio como formación e xa están copando titulares das...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here