InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOO Concello de Oleiros denuncia graves incumprimentos do servizo de recollida do...

O Concello de Oleiros denuncia graves incumprimentos do servizo de recollida do lixo do Consorcio das Mariñas

Publicada o

Por editor

Graves acusacións as que lanza o alcalde de Oleiros ao presidente do Consorcio das Mariñas. Ángel García Seoane (AdV) acusa a José Santiso (PP), tamén alcalde de Abegondo, de “tolerar a vulneración sistemática das obrigas contractuais da empresa de recollida de lixo”.

Seoane denuncia “o incumprimento das frecuencias de recollida, a non limpeza dos contornos de contedores, o uso de camións avariados que van perdendo lixo polas rúas e a non reposición de contedores rotos”, pero ademais, critica as últimas “graves deficiencias no funcionamento do punto limpo de Iñás”.

O Concello recoñece que está a recibir as queixas de veciños e veciñas que non poden deixar os seus desperdicios específicos porque leva días cheo, sen que se retiren os distintos desperdicios e obxectos. “Esa inaceptable situación pódese constatar visualmente con todos os contedores a rebosar, amoreamento de grandes electrodomésticos, etc… “

Outnto limpo de inas
Outra imaxe do punto limpo de Iñás

“Por que o presidente do Consorcio das Mariñas consinte todos estes graves incumprimentos do contrato de recollida de lixo, que supoñen importantes beneficios económicos para a empresa concesionaria?”, pregúntase o alcalde de Oleiros, que afirma “estudará todas cantas medidas sexan necesarias para paralizar o dano medioambiental e hixiénico que se está a causar no municipio polas deficiencias do servizo”.

ÚLTIMAS

Os 10 Samaweens que fan barrio na Coruña: Comezamos por Monte Alto

Ao longo da semana imos completar a axenda que se nos vén enriba esta...

O Samaín volve descubrir o Ollo de Vidro de Castelao polo Día de Defuntos

Por cuarto ano consecutivo, a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura, a través da...

Feijóo volve a Galicia esta fin de semana para mitinear na Coruña

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, volverá a Galicia por segundo fin de...

A Asoc. Galega de Software Libre lanza un concurso para mellorar a xestión das instalacións deportivas municipais galegas

En moitos concellos galegos, especialmente nos máis pequenos, a reserva de instalacións deportivas aínda...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here