InicioA CORUÑASumar leva ao Congreso "a privatización" das Xubias

Sumar leva ao Congreso “a privatización” das Xubias

Publicada o

Por editor

Non parece que estea de todo pechado o convenio urbanístico das Xubias, a pesar da aprobación do proxecto modificado no pleno do pasado mes de xullo.

Desta volta, e o Grupo Sumar o que está a. revolver neste proceso de “privatización urbanística” dun barrio tan singular. Xa a semana pasada levou o asunto á Valedora do Pobo, e desta volta, foron os deputados do Grupo Parlamentario Plurinacional Sumar, Verónica Martínez Barbero e Manuel Lago Peñas, os que presentaron no Congreso unha batería de preguntas dirixidas ao Goberno de España para “esixir explicacións sobre a operación urbanística que permite a un fondo de inversión o planeamento urbano de As Xubias, desbotando un plan municipal máis sostible xa tramitado”.

O grupo, que xa ten destacado que o barrio debería estar inserido no proxecto da fachada marítima, lanzou as seguintes cuestións:

  • 1. Se considera que este procedemento se axusta aos principios de sostibilidade asinados por España.
  • 2. Que plans ten para reactivar a vía ferroviaria como tren de proximidade.
  • 3. Que actuacións prevé para a senda litoral metropolitana.
  • 4. A compatibilidade dos plans públicos co convenio asinado polo concello.

 

Novas do proceso

Análise: Que foi do interese xeral na reordenación urbanística da fachada litoral nas Xubias?

 

Aprobado o modificado convenio das Xubias nun pleno no que marchou o PP

Primeiras críticas ante o desbloqueo do acordo co fondo de investimento suizo para a urbanización das Xubias

A Coruña cede a rehabilitación integral do barrio das Xubias a un fondo de investimentos

ÚLTIMAS

Denuncian un novo colapso do reparto postal en Correos pola falta de contratación

Non descansa o plantel de Correos. Xusto un ano despois da "histórica folga", a...

Comezaron as obras do tramo de paseo marítimo da ría do Burgo no Paraíso

Onte comezaron as obras do segundo treito do Paseo da Ría que quedaran sen...

Tecendo tapabocas á espera das accións da Xunta e do Concello nos frescos de Lugrís…

Simbólica acción a que realizaron o colectivo lugrisán In Nave Civitas e a asociación...

As choqueiras Isa e Bego, protagonistas do Antroido da Coruña 2026

Presentouse esta mañá a programación municipal dedicada ao Entroido neste 2026 na cidade da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here