InicioCULTURAOcéano Eskizo revive na Mardi tres xeracións de punk coruñento

Océano Eskizo revive na Mardi tres xeracións de punk coruñento

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Historia coruñenta, que diría Xurxo Souto, o vivido esta pasada de domingo na Sala Mardi Grass. A mítica Sala de Monte Alto acollía, no marco do Festival Noites do Porto, a estrea da nova banda Océano Eskizo.

Unha banda coa que revive o punk coruñés dos anos 80, pero tamén dos 90 e dos primeiros 2000, porque no seu elenco atopamos estrellas de varias xeracións. O frontman non é outro que Jonhny Rotring (o álter ego do eterno xornalista Xosé Manuel Pereiro), líder da histórica banda oitentera Radio Océano. Ao seu carón, á batería Luis Jarri e á guitarra Pedro Granell, almas de Los Eskizos e Kozmin Muffin, banda herculina que arrasou nos 90. Ao baixo e aos coros, Beni González-Dans, e completando o quinteto, o guitarrista Ricardo Saavedra, membro de Meu, o grupo que revolucionou cos seu power-pop a cidade a comezos de século.

Xose Manuel Pereiro con Oceano Eskizo na Mardi
Xose Manuel Pereiro con Océano Eskizo na Mardi

”Gracias aos nosos 84 fans, que estades todos aquí. Con aínda menos xente Jesuscristo fixo virguerías”, arrincaba Pereiro, antes de poñerse a rasgar a súa voz con temas míticos de Radio Océano que xa coreaba o entregado público.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)


Pasados os primeiros temas, Pereiro pediu “introspección” para asumir os novos temas, feitos en galego, que propón esta nova banda. Entre eles, a homenaxe ao rapaz estadounidense Luigi Mangione, acusado de asasinar a un empresario dunha aseguradora médica, que foi cancelado polo Youtube por apoloxía do terrorismo. Non hai mellor argumento para unha banda de punk que unha cancelación así.

A sala fervía, consciente de estar vivindo unha xornada histórica, que se completou coa aparición de Nuno Pico. O cantante de Grande Amore, veciño agora da nosa cidade, subiu a cantar varios temas, entre eles o himno “Coma o vento”, nun dos momentos máis álxidos da noite. Con todo, a garra máis punk foi a protagonista e que máis gustou ao veterano público, que gozaba dun son e unha potencia espectacular das guitarras.

Así enfoca a recta final este festival que pon en valor as salas da cidade.

Oceano Eskizo con Grande Amore na Mardi
Oceano Eskizo con Grande Amore na Mardi

Máis novas

Océano Eskizo, unha banda de míticos herculinos, debutará nas Noites do Porto

O Jazz Filloa, unha das salas de jazz máis antigas de España, abriu o Noites do Porto

“I know it could be safer to stay at home”. Crónica amarga do concerto dos Lemonheads

O Bristol, as salas da cidade e La Casa Azul, protagonistas do Noites do Porto

Así foi o 2024:

8.400 persoas gozaron dos concertos especiais das Noites do Porto

As salas e os bares, as primeiras protagonistas do festival Noites do Porto

ÚLTIMAS

Mobilización do persoal de escolas deportivas municipais da Coruña en demanda de melloras

Persoal de escolas deportivas municipais da Coruña, xestionadas pola empresa Serviplus, acordou iniciar mobilizacións en...

Oleiros completou o círculo da homenaxe a Francisco Miguel

O auditorio das Torres de Santa Cruz acolleu unha charla divulgativa sobre o artista...

A Plataforma A Coruña pola Paz nace cunha Marcha ata a Torre

Onte o local da Asociación de Veciños Oza-Os Castro-Gaiteira acollía a presentación  da  "A...

Chaman a doar nunha campaña na UDC: “É un xesto sinxelo que salva vidas”

A directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López, fixo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here