InicioMOV. SOCIAISOleiros completou o círculo da homenaxe a Francisco Miguel

Oleiros completou o círculo da homenaxe a Francisco Miguel

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O auditorio das Torres de Santa Cruz acolleu unha charla divulgativa sobre o artista Francisco Miguel, asasinado polos fascistas en 1936. Péchase así o círculo de homenaxe que a sociedade galega ven de render a esta vítima do franquismo, cuio corpo foi rescatado na exhumación realizada en 2023 nunha fosa común no cemiterio de Bértoa.

Tralas homenaxes no Concello da Coruña (con exposición incluída da súa arte) e trala entrega esta semana do corpo á familia e posterior enterramento no camposanto de San Amaro, o último recoñecemento foi no seu concello de nacemento (o artista naceu en Oleiros en setembro de 1897).

Foi nun acto, organizado pola Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) en colaboración co Concello de Oleiros, presentado por Carmen Rodeja. A apertura correu a cargo  da deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís da Deputación da Coruña, Soledad Agra; Regina de Miguel Gila, bisneta de Francisco Miguel, agradeceu todo o traballo realizado para a recuperación da memoria do seu bisavó, que cualificou como “moi lindo, moi conmovedor e moi emotivo”.

Charla en Oleiros sobre Francisco Miguel

Pola súa parte, os investigadores Jorge Calle e David Lozano contextualizaron a obra e o pensamento de Francisco Miguel nas primeiras décadas do século XX. Puxeron de relevancia a calidade da súa obra vangardista, o seu pensamento político; ou outros aspectos da súa vida como a xerencia dunha libraría na rúa Real da Coruña, o seu paso por México e por París…

O alcalde, Ángel García Seoane, clausurou a xornada volvendo insistir na necesidade de concienciar a cidadanía, especialmente a mocidade, para evitar que a extrema dereita goberne as institucións, polas devastadoras consecuencias que iso suporía para a democracia e a liberdade.

Angel Garcia Seoane na charla por Francisco Miguel
O rexedor oleirense despedindo a sesión

Máis novas da homenaxe

San Amaro recibiu os restos de Francisco Miguel, outra vítima do franquismo

O Concello da Coruña acolle a entrega ás súas familias dos restos de tres vítimas do franquismo en 1936

A Coruña lembra a memoria do pintor Francisco Miguel cunha exposición

Comeza no cemiterio de Bértoa a exhumación de catro coruñeses asasinados polo franquismo

 

ÚLTIMAS

Achan sen vida a José Manuel Baeza, veciño de Culleredo desaparecido o pasado venres

José Manuel Baeza Durán, veciño de Culleredo foi atopado sen vida este luns. O...

Impulsan a creación da Área de Prestación Conxunta do taxi

O sector do taxi mantivo unha reunión onte co equipo de goberno no Pazo...

Últimos días para que as bandas emerxentes se inscriban no concurso de Sonidos Mans Salas

A Fundación Paideia Galiza, coa colaboración da Deputación da Coruña, vén de poñer en...

Condenado un cabo do acuartelamento de Atocha por abuso e malos tratos a un soldado

O Tribunal Militar Territorial da Coruña condenou a un cabo do Exército de Terra,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here