InicioA CORUÑAA Festa do deporte adaptado bate marcas de inclusión

A Festa do deporte adaptado bate marcas de inclusión

Publicada o

Por editor

Máis de 15.000 encheron este sábado a Mariña na XII edición da Carreira Enki. Unha cifra que bate as marcas desta carreira inclusiva, que serve de auténtica festa das familias.

Esta edición contou coa participación de 29 entidades sociais de Galicia e preto de 1.000 persoas pertencentes a colectivos de persoas con diversidade funcional. E elas serán moitas das beneficiadas do material deportivo adaptado que formará parte do banco de préstamo gratuíto de ENKI, e das actividades de ocio e deporte que realizarán, gracias aos 106.230 euros recadados no evento, unha cantidade sen precedentes na historia deste evento.

Entre as persoas participantes a esta festa adaptada, tamén destacou a presenza de 3.216 corredores procedentes de 36 colexios de toda a provincia da Coruña.  Todo, organizado coa colaboración de 215 voluntarios e voluntarias que fixeron posible que, máis alá dalgún retraso, todo saíse estupendamente.

Fotos_Carrera ENKI 2025 (6) copia

Os Premios ENKI 2025, unha homenaxe á diversión

Unha vez terminadas a carreira de obstáculos, deu comezo a entrega dos Premios ENKI 2025. Entre os galardoados do público xeral, CRAT Sharks recibiu o premio ao disfrace máis orixinal, Mansións foron recoñecidos como o equipo máis animado e Antoncinchi foron o máis numeroso.

No ámbito escolar, o colexio co disfrace máis orixinal foi Calasancias co seu disfrace de ovo frito, mentres que o premio ao colexio máis divertido e animado foi para Franciscanas e o máis numeroso para Jesuitinas.

Os bombeiros non faltaron na Enki

Entre os premios, incluíronse roteiros fluviais para dúas entidades: Centro de Atención a Persoas con Discapacidade e Aspronaga; e actividades de iniciación ao pádel surf, entregados a GRUMICO, ONCE e a Asociación A nosa Señora de Chamorro.

Tamén se incluíron roteiros de sendeirismo e orientación para catro entidades: ASPERGA, Asociación Aspanaes, Liga Reumatolóxica e ASPADISOL; e pases para participar en actividades de plogging e creatividade, que se entregaron á Fundación Adcai, a Asociación Galega de Persoas Amputadas (AGAPA), FEGEREC e a Asociación Síndrome de Down.

Doutra banda, premiaron a SOMOS MARINES con doce prazas para o Campamento de verán inclusivo de ENKI, e á Asociación Síndrome Williams Galicia (ASWG) con dez prazas
para unha fin de semana de aventura na neve.
E, finalmente, Un Paso Máis foi premiada cun voo en paramente e Dano Cerebral A Coruña
cunha experiencia de 3 días no Camiño de Santiago.

Fotos_Carrera ENKI 2025 (7) copia

ÚLTIMAS

A Coruña homenaxea a Joaquín Martín Martínez, secretario municipal fusilado en 1936 por defender a democracia e a liberdade

O Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local (COSITAL) xunto co...

1 millón de sementes de ameixa babosa para recuperar o marisqueo da ría do Burgo

Máis vale tarde que nunca. E despois de anos de pelexas, os mariscadores da...

Interceptado en Culleredo un mozo que conducía sen carné, sen seguro, sen ITV e tras beber

A Policía Local de Culleredo interceptou este pasado venres un veciño de Cambre de...

Dous voos con destino a Coruña desviados pola néboa

Un voo con destino A Coruña procedente de Madrid tivo que ser desviado a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here