InicioSOCIEDADEAs traballadoras das residencias de maiores privadas realizaron un peche-encadeamento en Padre...

As traballadoras das residencias de maiores privadas realizaron un peche-encadeamento en Padre Rubinos

Publicada o

Por editor

Traballadoras de residencias de maiores privadas non cesan na súa loita por un convenio digno. Durante o día de onte, un grupo de traballadoras fixo un peche-encadeamento na explanada do centro residencial Padre Rubinos da Coruña no camiño das novas xornadas de folga no sector convocadas para o 23 de outubro e o 4 de novembro.

Ao berro de “convenio digno” e “a Xunta de Galiza recorta e privatiza”, as traballadoras mantiveron a protesta durante preto dunha hora ata que foron desaloxadas pola policía local.

Con esta acción queren reclamarlle á patronal que sente negociar o convenio colectivo cunha proposta que realmente dignifique as condicións salariais e laborais e ao tempo chamar a atención sobre a política de privatización dos servizos públicos que está na base da precariedade que sofren as traballadoras e na concepción mercantilista dos coidados do Goberno galego, que antepón o beneficio privado á calidade do servizo que se presta ás persoas usuarias.

CIG protestas traballadoras residencia privadas Padre Rubinos

Máis novas da loita

Nova xornada de folga nas residencias privadas de maiores e centros de día por un convenio digno

Traballadoras de residencias privadas realizarán protestas na Coruña antes da folga do 10 e 22 de abril

 

As traballadoras das residencias privadas reclaman mellores condicións para poder dar unha atención de calidade

ÚLTIMAS

Arrinca o concurso de Tapas Picadillo e a V Ruta de Tapas e Pintxos de Galicia

Tempos gastronómicos estes de outono na cidade. Por un lado comeza a XXII edición...

As festas no Ventorillo aproveitan a ponte

Tralas festas do Rosario da Cidade Vella, tócalle tomar o relevo á AVV Ventorrillo....

A Coruña garda un minuto de silencio por Maricarmen, convertida en símbolo da loita pola vivenda

Decenas de persoas asistiron na praza de María Pita ao minuto de silencio convocado...

Reaccións ante o pasamento de Xosé Manuel Beiras

Morreu Xosé Manuel Beiras (Santiago de Compostela 1936- Brión 2026)., un dos grandes políticos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here