InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIODolores Barral Rivadulla, nova membro numeraria do Instituto de Estudios Coruñeses José...

Dolores Barral Rivadulla, nova membro numeraria do Instituto de Estudios Coruñeses José Cornide

Publicada o

Por editor

O Palacio Municipal de María Pita acolleu onte o acto de lectura do discurso de ingreso como membro numeraria do Instituto de Estudios Coruñeses José Cornide de Dolores Barral Rivadulla.

Dolores Barral Rivadulla é profesora titular de Historia da arte Antigo e Medieval da Universidade de Santiago de Compostela. En xuño 1995 defendeu a súa tese doutoral titulada: “A cidade da Coruña, o medio e a súa arte na Baixa Idade Media”. Conta con gran cantidade de artigos e publicacións en relación coa cidade.

Dolores Barral Rivadulla, nova membro numeraria do Instituto de Estudios Coruñeses José Cornide 2

O traballo que presentou afonda na historia do convento de Santa Bárbara, fundado en 1444 por unha comunidade de mulleres laicas que seguían a regra da Terceira Orde Franciscana. A autora reconstrúe a evolución da institución desde os seus inicios como beaterio ata a súa transformación en convento de clausura, destacando a vida das frailas, o seu papel social e relixioso, e a súa relación coa cidade. A investigación baséase nun fondo
documental inédito conservado polas clarisas, que permitiu recuperar información valiosa sobre a organización interna, os privilexios concedidos pola Igrexa e o Concello, e os vínculos co franciscanismo.

A obra, que analliza tamén a parte arquiectónica e as crises sociais vividas no convento, é unha homenaxe ás mulleres que habitaron este espazo durante case cinco séculos e unha contribución esencial á historia medieval coruñesa.

ÚLTIMAS

A praza de Tabacos acolle o groso da Semana Europea da Mobilidade

Xa botamos un ollo ás interesantes charlas que Mobi-Liza organiza mo MUNCYT sobre outras...

O EcoRallye, a exame

Xa está en marcha a 10ª edición do Repsol EcoRallye A Coruña, que se...

Meses sen soldo, sen traballo e sen paro: a situación límite de seis traballadoras da escola infantil O Berce en Arteixo

As traballadoras da escola infantil O Berce, no concello coruñés de Arteixo, concentráronse este...

Comezan as obras do novo gran parque infantil da Praza de Portugal

Vai ser unha das zonas infantís máis importantes da cidade, na que o Concello...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here