InicioBARRIOSPalavea e Pedralonga estrean novas estacións de BiciCoruña

Palavea e Pedralonga estrean novas estacións de BiciCoruña

Publicada o

Por Redacción

Non para a ampliación das bases do servizo municipal de préstamo de bicicletas BiciCoruña. Este mércors o Concello activou dúas estacións situadas en Palavea, na rúa Lugar de Palavea Vella e xunto á pasarela peonil que atravesa a avenida de Alfonso Molina, e en Pedralonga, xunto á entrada da Cidade das TIC.

Deste xeito, na actualidade hai un total de 66 estacións en servizo e está previsto que nas vindeiras semanas, unha vez establecida a alta do subministro eléctrico, se poñan en funcionamento outras tres xa instaladas na avenida de Oza, xunto ao parque de Bombeiros de Agrela e no barrio de San Pedro de Vism

A posta en marcha destas novas estacións ten como obxectivo conectar dous barrios distantes do centro da cidade a través deste servizo de mobilidade sostible, que permite á cidadanía desprazarse a diario nun medio de transporte sen emisións e con soporte eléctrico.

Máis novas de BiciCoruña

Catro novas bases de BiciCoruña para os barrios da Gaiteira, San Pedro de Visma e o polígono de Agrela

BiciCoruña: 11,50 euros por alugar unha bicicleta durante un día; 16,75, tres días; e 40, un ano

Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

ÚLTIMAS

O Centro de Arte FMJJ abre á cidadanía o seu novo espazo cultural na súa sede da Grela

Gaña un novo espazo cultural a cidade da Coruña. Se en 2018 perdía o...

Renfe aumentará prazas e servizos entre A Coruña e Vigo e entre A Coruña e Ourense a partir do 15 de outubro

Renfe anunciou a posta en marcha, a partir do 15 de outubro, o chamado...

O transporte de mercadorías da Coruña volve ás mobilizacións: os sindicatos denuncian unha perda salarial do 13 %

Os sindicatos CCOO, CIG e UXT, que integran a mesa negociadora do convenio provincial...

Un mural colectivo para o Parque do Observatorio na “Festa dos Coidados”

Continua vivo o proxecto «Agra: un barrio de coidados», desenvolto por Arquitectura Sen Fronteiras...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here