InicioMOV. SOCIAIS«Non hai escusas», o lema do programa de actividades do 25N herculino

«Non hai escusas», o lema do programa de actividades do 25N herculino

Publicada o

Por Redacción

O Concello presentou hoxe a campaña polo 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que este ano se desenvolve de novo baixo o lema «Non hai escusas». A rexedora Inés Rey, e a concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, puxeron o acento na necesidade de reforzar os recursos de atención ás vítimas e de combater o discurso negacionista da violencia machista.

De feito, repasaron a mesa os datos oficiais que apuntan a un aumento dos delitos contra a liberdade sexual en Galicia, na provincia e na cidade da Coruña e insistiu en que “detrás de cada cifra hai unha muller, unha nena, unha familia que ve a súa vida quebrada; non podemos normalizar nin relativizar esta realidade”. Por iso, solicitou á Xunta a posta en marcha de cinco Centros de Crise 24 horas noutras cidades galegas e reclamou que A Coruña conte cun recurso propio.

O programa

Pola súa banda, a concelleira Nereida Canosa presentou a programación municipal do 25N, estruturada en tres grandes eixos: a violencia vicaria e a exercida contra as e os menores; a trata, a explotación sexual e a prostitución, avanzando cara a relacións afectivo-sexuais sas; e a violencia dixital e as novas formas de agresión a través das tecnoloxías.

Entre as principais accións destacan a xornada sobre a violencia contra os e as menores e a violencia vicaria no salón de actos da Fundación ONCE; o ciclo “Conversas con…” con Amelia Tiganus e Erick Pescador; o espectáculo teatral didáctico “Mozas nas redes” nos centros de secundaria; obradoiros, xogos e contacontos nos espazos de atención á infancia e nas ludotecas municipais; actividades específicas na Escola Intercultural da UAMI; accións de sensibilización no Espazo Diverso e nas bibliotecas municipais; así como as iniciativas comunitarias da Plataforma pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero do Castrillón (PICUS).
O deporte e o espazo público volverán ter un papel central coa andaina do 25 de novembro, a formación dun gran lazo humano violeta na contorna de Riazor e a lectura dun manifesto en lembranza das vítimas e en apoio ás superviventes.

Máis novas

“A Carreira da Muller”: repensando a solidariedade desde a diversidade

ÚLTIMAS

O Festival Manicómicos arrincou as primeiras risas da finde

Arrincou este xoves a 25ª edición do Festival Manicómicos. Como o ano pasado, a...

Inés Rey reivindica a posta a disposición de vivendas públicas todos os demandantes

A alcadesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou a posta a disposición do parque público...

Unha liorta cunha orella amputada en Culleredo acaba con tres persoas detidas

Garda Civil e Policía local do municipio coruñés de Culleredo, en colaboración coa Ertzaintza,...

As peñas demostran a fractura aberta no deportivismo

Está dividido o deportivismo. Así se demostrou este xoves na manifestación convocada pola Federación...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here