InicioBARRIOSLuís Bolón rescata hoxe os cancioneiros galegos na Agra do Orzán

Luís Bolón rescata hoxe os cancioneiros galegos na Agra do Orzán

Publicada o

Por Redacción

Luís Bolón achégase hoxe, venres 21 ás 20:15h, ao local da Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “AGRA” (Rúa Entrepenas, 38). O músico herculino, actual director artístico de Cántigas da Terra e mestre de instrumentos populares na Escola de Música Sementeira de Cambre, ademais forma parte do grupo Os Melidaos e do colectivo Cantometrics, repasará o seu espectáculo sobre Os cancioneiros galegos. Recompilación de música tradicional.

Entre outras, repasará algunha das coplas recuperadas en 1952 polo americano Alán Lómax, como esta gravada en Corcubión, cuios versos soan no espectáculo Efémeras de Cantometrics.

Carballeiriña escura
moza solteira e honrada
rise de quen a marmura

Luís Bolón naceu na Coruña en 1995. Aos oito anos comeza os estudos regrados de Gaita Galega que complementa con formación en frautas traveseiras, percusión, gaita e zanfona cos músicos Xosé Lois Romero e Suso Vaamonde. Tamén asistiu a cursos con Carlos Núñez, Dani Bellón, Cristian Silva, Luís Prego, Aleix Tobias, Xisco Feijoo, Carmen Rey, Efrén López. Posteriormente estuda no Conservatorio Superior de Vigo con Lorena Freijeiro, Iván Abal e Carlos Castro, onde acada o título superior en interpretación dos Instrumentos da Música Tradicional e Popular.

Levou a cabo diferentes concertos e recitais por todo o país e participou como músico solista coas Bandas de Música de Sada e Sementeira de Cambre. Realizou a composición e interpretación musical da banda sonora da obra teatral Bath time. Como docente impartiu aulas na A.C. Arume de Caión, Universidade de Vigo, EMM Abegondo.

ÚLTIMAS

Tony Hadley levará os grandes éxitos dos oitenta á praza de María Pita

As Noites de María Pita despediranse este domingo, 16 de agosto, cun dos concertos...

O PSdeG reclama revisar o reparto da cota de sardiña

O secretario de Pesca do PSdeG provincial da Coruña, Walter Pardo, enviou unha carta...

A Batalla Naval lembrou a resistencia herculina ante o asedio ingles de 1589

Cheo ata a bandeira no paseo marítimo, e mesmo nas praias de Riazor, Orzán...

A Gaiteira rendeu homenaxe a Cañita Brava

Emotiva a homenaxe que as Festas da Gaiteira quixeron render este venres a Cañita...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here