Nova mobilización esta mañá de xoves 27 de novembro do persoal das Escolas Deportivas Municipais para exixir melloras laborais e salariais. Realizaron un par de 3 horas, durante o que, acompañadas de numerosas persoas usuarias dos cursos e das instalacións, protagonizaron unha concentración diante do Pazo dos Deportes de Riazor, ealizaron unha andaina ata María Pita.

Á chegada á Praza de María Pita, realizaron ademais unha simulación das distintas clases de actividades que se ofrecen nas escolas deportivas municipais, que resultou ser tan divertida como reivindicativa, demostrando o cariño que a veciñanza sente por este comprometido monitorado.
A xornada rematou coa lectura do manifesto por parte de Montse Pico, unha das voceiras do colectivo que xa participou no Escano Cidadán do pleno e que fixo entrega por rexistro de case de 2.000 sinaturas de apoio. A traballadora de Serviplús, a concesionaria do servizo, explicou como chegaron ata estas mobilizacións. Debullou que as 42 traballador@s deste servizo que aproveitan 4.000 veciñ@s da cidade, levan 2 anos e medio en comunicación co Concello, sen moita resposta. Unha das poucas, de feito, foi aquel “Non hai cartos para iso”, que lle espetaron varios responsables municipais.
Explicou as continuas queixas das persoas usuarias, pola falta de material deportivo, da carencia das instalacións. Pero tamén explicou que as súas condicións salariais seguen estancadas dende 2020. Agora, tendo en conta que o contrario actual está en proceso de extinción, piden que se teñan en conta as súas demandas na negociación do novo contrato.
”Pedimos cumplir o compromiso que se alcanzou fai 4 anos, por este mesmo goberno, de mellorar as condicións do persoal traballador, na liña de dignificar este colectivo, cuias condicións non están á altura das titulacións superiores e a formación continua que se nos esixe”, sinalaron.

