InicioCULTURAIria-Friné Rivera Vázque guia este domingo un novo roteiro literario da AELG...

Iria-Friné Rivera Vázque guia este domingo un novo roteiro literario da AELG arredor de Castelao

Publicada o

Por Redacción

Volve a Asociación de Escritores en Lingua Galega artellar un novo Roteiro pola cidade. A ruta chamada “Historias da Arte: Castelao e os seus contemporáneos”, será guiada por Iria-Friné Rivera Vázquez, vai ter lugar o domingo 21 de decembro, a partir das 12:00 horas, na Coruña, tendo como punto de saída o Monumento a Eduardo Pondal, no Cantón Pequeno.

Coñecerase como foi a vivenza de Castelao na Coruña en relación aos seus contemporáneos. Nado en 1886, as sucesivas influencias de persoeiros ligados a esta cidade resultan relevantes. Isto non só sucede pola importancia que estas influencias puideron ter nel como pensador, artista, político e figura pública, senón tamén na retroalimentación que sucedeu. Está a parte del como cidadán e a parte do contacto que a cidadanía ten coa sua obra escrita, artística, intelectual e política. Este roteiro a través de diferentes camiños e obras no espazo público resulta unha exploración de todos eses feitos, mostrando unha interrelación viva e activa en feitos, palabras e persoas que segue a ter repercusión hoxe en día.

ÚLTIMAS

Os traballadores de Eulen da limpeza de leitos fluviais conseguen, cun peche, unha reunión con Augas de Galicia

Arrincaron a semana pasada as súas mobilizacións para denunciar o seu despedimento. Os 10...

A banda británica Take That actuará o 15 de xullo na Coruña

A banda británica Take That actuará o próximo 15 de xullo no Coliseum da...

Renovado o convenio para a xestión da Casa de Acollida a mulleres vítimas de violencia de xénero

Na semana do 25N, concello e Deputación da Coruña anuncian a renovación do convenio...

As tapas do 22 establecimentos que participan no Concurso de Tapas Picadillo

Ponse en marcha a XXII edición do Concurso de Tapas Picadillo co obxectivo de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here