InicioA CORUÑAÚltima recta para a necesaria licitación do novo convenio da Planta de...

Última recta para a necesaria licitación do novo convenio da Planta de Nostián

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Coa concesión caducada dende 2019, a Planta de Nostián segue operando agravando unha  problemática laboral e de medios tremendamente preocupante, provocada pola falta de investimentos e a devaluación dos soldos xerada por esa situación de traballar 5 anos co contrato en precario. 5 anos de convenio caducado, cunha grave folga do lixo polo medio, e un proceso de negociación onde non sabe de que parte está cada quen que recibiu duras críticas do sector medioambiental pola “falta de transparencia”.

Tralos anuncios realizados a comezos de ano de que ía estar licitada antes do remate do ano, parece que a cousa está encamiñada. Así se deduce da reunión da Comisión Especial sobre a planta de Nostián realizada esta mañá no salón vermello do Pazo de María Pita: o Goberno Local informou de que os trámites para a licitación da nova planta están xa moi avanzados e que sairá a concurso ou antes do 31 de decembro ou nos primeiros días de xaneiro.

Comisión Nostián
Membros da Comisión Especial de Seguemento da concesión de Nostián

 

O BNG, o primeiro en facer valoracións, celebra a licitación “dun servizo básico que debe contribuír para que Nostián sexa unha verdadeira planta de reciclaxe, conforme a un modelo de xestión do lixo baseado nos obxectivos de redución, reciclaxe e reutilización”, afirma Francisco Jorquera.

En realidade falamos un proxecto fundalmental para a cidade e para toda a comarca, que malia ter sempre a sombra da incineración sobre a súa cabeza, “é un proxecto importante para toda o país, porque é diferente ao modelo SOGAMA, que se basea na incineración”, como describen os colectivos medioambientais.

Máis novas sobre Nostián

Os traballadores de Nostián: “Estamos co salario conxelado de 2012, e só se actualizarán cunha nova concesión”

“Sempre pendulou sobre Nostián a sombra da incineración”

A plataforma ‘Nostián con futuro’ cesa as súas reunións co Concello da Coruña por “falta de transparencia”

ÚLTIMAS

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

As Festas de Monte Alto recuperan as Merendiñas da Torre

Monte Alto celebrará esta fin de semana unha nova edición das súas festas. Un...

Jardinería Arce S.L. consegue o contrato de 2,7 millóns de euros para o mantemento e conservacións de áreas infantís

A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar o contrato de mantemento, conservación, limpeza...

Albalat, A Cidade das Rías, a metrópole e o transporte público

Case mellor imos a pé. --- ---- --- Buscando e recollendo datos sobre obras non catalogadas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here