InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOMar de Fábula realiza educa e conciencia medioambientalmente ao CIS

Mar de Fábula realiza educa e conciencia medioambientalmente ao CIS

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Continúa viva a colaboración da Asociación Mar de Fábula co CIS (Centro de Inserción Social). Ademais das limpezas mensuais que realiza no areal de Santo Amaro no marco do proxecto Entre Crebas, a entidade realizou este pasado martes unha charla de concienciación para as persoas que cumplen a súa última parte da condena en réxime de semiliberdade.

A entidade aproveitou a xornada de peche de curso e de repaso das actividades ambientais desenvoltas durante este 2025, para compartir cos residentes e os funcionarios a importancia destas accións.

Na charla, con soporte visual, houbo referencias ao historial da entidade, ás experiencias comúns, así como a importancia da contaminación dos plásticos e contaminantes emerxentes e ás boas rácticas ambientais.

De seguido realizaron un obradoiro artístico, no que os anacos de plástico convertéronse en patinetes, vehículos fantásticos e muiños de vento, todo entreberado en conversas mesturadas, escoitando e contando historias e anécdotas, todo nunha de atmósfera de amizade, respecto e de empatía.

Charla de Mar de Fabula no CIS Usuarios do CIS facendo arte con crebas con Mar de Fabula

Máis novas

A “movida” medioambiental de San Amaro que reinserta e conciencia

Xosé Manuel Barros de Mar de Fábula, recoñecido polo CIS Coruña

A incansable loita contra as cabichas nas praias

Cando as persoas privadas de liberdade se convirten en “axentes do cambio”

A praia de Santo Amaro volveu recibir a visita dos salvadores do CIS e Mar de Fábula

ÚLTIMAS

Volotea incorpora 6 novas rutas desde o aeroporto da Coruña

A compañía aérea Volotea operará finalmente 6 novas conexións co aeroporto da Coruña. Ás...

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here